Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, setembro 28, 2009

Si que si



A princesa de Bande decidiu reunir no chateau dos outeiros a toda a súa corte nun festorro, se non do século polo menos do ano. A cousa prometía de verdade: nos días previos non se falaba doutra cousa e o face [féjs] ardía de expectación.

Pero a pobre Borrallenta non podía ir: despois de traballar todo o día descubriu que se ben tiña un traxiño apañado e tiña carroza... as zapatillas non valían para ver. Remendada aínda bueno –ademais era tendencia de tempada– pero lixosa iso si que non. Encomendouse á súa Dama Protectora e esta fixo aparecer unha preciosas chanclas con letelliñas de plástico nas tiras, coma o cristal refulxentes, debaixo dunha cama.

E entón si que si!

4 comentários:

Legnaresa disse...

Polo que me dixeron algúns trasnos que ese día non sairon dos seus carballos por si os facían bailar, a pobre Borrallenta tiña todas as de gañar neste conto. Seica a súa elegancia innata a viste de arriba a abaixo e de abaixo arriba. Uns pes preciosos e famosos (non se lle vían as ás de Mercurio pero seica podía telas) e un sorriso natural que xa quixera para si o fareiro de Alexandría ou o das Ons. Magoa non ter a experiencia de codearse coa alta alcurnia. Podería contarlle un chiste... pero vouno obviar non vaia ser que non teña graza e perda a opción de que na próxima ocasión conten con unha.

SurOeste disse...

Pois a min dixéronme que Borrallenta estivo a piques de perder unha chancla no mellor da folía porque a pisaron.

Macho Varón disse...

E que hai moito "principito" vido a menos que pensa que con ir a unha escola de baile un mes ou aturar todos os programas de Mira quen baila, teno todo solucionado. Pero claro, unha cousa e o baile de salón e outra menearse nun metro cadrado, a escuras e coas orellas a rebentar pola estridencia da mal chamada música moderna que está de moda agora nas festas de pedigrí.Doado, moi doado perder a chancleta, o ritmo, o equilibrio e o bolso. Xa de perder seguro que casi perde o última carruaxe das 24:00.

XDC disse...

Eu sei de alguén que se arriscóu a converterse en rato por esperar a coñecela.