Número total de visualizações de páginas

terça-feira, setembro 15, 2009

Citas textuais

Colleu o libro e abriuno ao chou. Pasou unhas cantas follas adiante e atrás ata que atopou o que buscaba.

–"Tiempo de amor. Mayo. Hoy llueve y hace un tiempo húmedo. Estuve en Nechranice para comprar más rosas, y me encontré con Tesar, él no me reconoció, yo a él un poco, y luego, al día siguiente, me mandó un saludo a través de cierta señora con la que anduvo un trozo de camino..."

Parou de ler e levantou os ollos. Ela choraba.

–Non te preocupes, muller, xa ves que todo isto vai pasar. Dentro dunhas semanas vaste rir de todo. Palabra de Bohumil Hrabal.

Colleulle a man e cando viu que acougara un pouco ergueu o seu vaso.

–Brindemos polo vello borrachín.

–Cando te levantaches da mesa pola tarde non puiden evitar ir mirar o libro que deixaras enriba da mesa. A xente que le meréceme todo o respecto e se o que le me gusta, como neste caso, ten a miña simpatía.

–Non sei que dicir, ademais de grazas. Vou ter que marchar e buscar un sitio para durmir. Nestes momentos síntome coma unha náufraga.

–Pois aos náufragos hai que acollelos e reconfortalos; son as vellas leis do mar. Podes quedar aquí esta noite e mañá xa se verá.

–Non vou ser moi boa compañía. – acabou o gin tonic e dubidou– Ou se cadra tampouco tan mala. Pon, logo outra copa, imos acabar de recoller o bar.

Mentres levantaban as cadeiras que quedaban e recibía instrucións para coller e preparar os útiles de limpeza observaba ao seu amigo, o lector de Hrabal, con curiosidade. Antes, pola tarde, cando a atendeu, non lle chamara a atención. Era máis xove ca ela, iso resultaba evidente, e aínda conservaba unha especie de flexibilidade de animal novo nos membros. Imaxinouno correndo pola praia de cara ao mar, chimpándose de cabeza coma un golfiño. Estaba moreno, seguro que o facía todas as mañás, que o faría mañá pola mañá cedo. Prometeuse estar atenta, axexar o momento en que se erguese para cumprir o ritual do baño.

–Que pasou?– achegáraselle por detrás –Xa te cansaches? Se queres senta que remato eu.

–Ah, non, non, quedei apampada. –Díxollo virando a cabeza cara a el e, sen querer, os seus narices case se tocaron. El púxolle as mans nos ombreiros e achegouse un pouco ata rozala suavemente.

–Vale, pois se ti varres, eu paso a fregona.

O traballo fixérono rápido e alegremente. Sen as cadeiras no chan o bar parecía moito máis amplo e poñerse a bailar pareceulles o máis natural do mundo. Bailaron abrazados, ulironse o pelo, xuntaron as meixelas e bicaronse de vagar. A cama estaba nunha pequena habitación traseira. El intentou arranxar precipitadamente a desorde das sabas e ela axudoulle. Fóronse quitando a roupa un ao outro pousando as prendas en dous montonciños separados. Dixéronse palabras ardentes pronunciadas nunha caricia dos beizos. Ela colleulle as mans e guiounas polos recunchos segredos do seu corpo aprendéndolle os camiños do seu pracer. Logo deixou que a enlazara fortemente ata sentir os arreguizos da súa éxtase. Os amantes descansaron un no outro tenramente escoitando o devalar da marea.

–Mañá ireime sen dicirche adeus. Por favor, queda co libro


16 comentários:

Rue Valette disse...

A un tipo que le a Hrabal tamén eu lle axudaría a fregar, o resto xa me parece polo momento excesivo.

SurOeste disse...

Vaina obrigar a durmir na alfombra?

Aníbal Léctor disse...

Nada é excesivo se as dúas partes consinten. Hai que ter en conta que Ela está desesperada, baleira, e que necesita que alguén a queira, aínda que sexa por unha noite. El tamén parece necesitado de afecto. Daquela, non hai problema ningún, penso eu.

SurOeste disse...

Eu insisto en que o argumento de durmir na alfombra é bastante decisivo, aínda que tampouco estaría de máis considerar que lles ulise ben o pelo.Outra cousa é acreditar ou non no poder terapéutico do sexo como euforizante-quitapenas duradeiro.

Aníbal Léctor disse...

De certo que o argumento da alfombra é fulcral e o olor do pelo tamén. De resto, todo parece indicar que o sexo ten un alto poder terapéutico como euforizante-quitapenas. Duradeiro? É que hai algo que sexa duradeiro agás a morte?

Fermín Le Chauffeur (non confundir con coiffeur) disse...

Desta vez estou con Aníbal: non encontrará euforizante-quitapenas máis duradeiro en relación calidade-prezo. Mesmo hai representantes farmacéuticos (e nisto hai unha de intrusismo que nin dicilo) dispostos a entregar mostras gratuítas do produto.

SurOeste disse...

Eu penso que desta vez foi por "coraje":

http://www.youtube.com/watch?v=ru8Q60JXn54&feature=PlayList&p=BBA309FD67E84F78&index=7

SurOeste disse...

E... señor de la Rue, a próxima vai ser por capricho e ata poida que lle colla gusto ao asunto.
Ala, todo o mundo a bailar coa fregona!

Rue Valette disse...

Estábamo temendo, agora que xa case me convenceran con eso da alfombra!

Aníbal Léctor disse...

A primeira foi por coraxe, a segunda por capricho e a terceira por pracer, canta a gran Paquita. Estaremos atentos, pois, á segunda e terceira ocasións. De se dar.

P.S:: Desculpe, sra. SurOeste, mais lamentablemente téñolle tal lumbalxia arestora que me impide baixar e coller a fregona. Noutra vez será.

SurOeste disse...

Os anos e certas posturas non perdoan, Don Aníbal...

XDC disse...

Fórmula pra dividir as tareas domésticas entre duas persoas: Unha de elas divide o total de tareas en duas listas. A outra escolle de cal das duas se ocupa ela.

XDC disse...

O sexo, non sei se pode considerarse "tarea doméstica", e si podería entrar en sólo unha das listas.

SurOeste disse...

Por suposto que é unha tarefa domestica e é das poucas, se non a única, que está estipulada no contrato matrimonial! Chámase o débito.

XDC disse...

O "débito carnal" segue vixente nese tipo de contratos??.
Excuse a miña ignorancia, pero como nunca firméi ese tipo de documentos...pero agora xa fun leer un: VAYA!.

XDC disse...

Está moi ben o da "separación de viernes" e o das sogras, hahahaha