Sobrevivir ao aceiro frío do escalpelo
á castración cirúrxica
Contravir se é preciso todas as leis
da bioloxía
Sobrevivir ao aceiro frío das amarras
co humilde orgullo do lique
Vivir no aceiro frío
Morrer
Que os nosos fillos morran
falando cos seus fillos
dicíndolles tamén as súas últimas palabras
en galego
Foto e textos de Xebe d´Afrei
6 comentários:
Moi bo o poema.
Concordo, o poema, a imaxe, o título
Claro que sobrevivimos, suroeste. E sobreviviremos. O noso é a resistencia.
Unha aperta e unha lufada de optimismo.
Espero que non lle pase coma o último falante de dálmata: morreu atropelado pola pijocracia, inda que ía en coche
Creo que ía en Feijoneta
Ten tamén outra grande fotografía (e vento que tamén un bo poema) nos xardíns do castelo de Soutomairo. Hai alí unha árbore cuxo tronco está, literalmente, a engulir un muro de pedra que ten a beira. Digo de ver.
Saúdos e parabéns polo poema.
Enviar um comentário