Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, maio 04, 2009

A era de internet


Lía hai uns días nun xornal, o nome do cal non quero lembrar, unhas declaracións de Francis Pisani para quen a revolución da web é meirande cá da imprenta. En principio parece unha afirmación dura de asimilar, mais pensando un pouco e comparando o mundo antes de internet e o mundo despois de internet decatámonos de que, aínda que en principio poida parecer esaxerado, non lle falta razón. Pensemos a cara de aburrimento que debemos poñer ao ver a portada dos xornais da mañá cando estivemos navegando ata tarde o día antes. Ou pensemos no tremendamente cómico e fóra de época que nos resultan situacións como esta que recolle o conto popular recollido por Xosé Miranda e Antonio Reigosa (2003) Contos de parvos e pillos I, Colección Cabalo Buligán,Vigo, Xerais:

Este era un estudiante que lle escribiu ó pai unha carta que dicía:
Querido padre:
Escríboche o luns para que, recibíndoa o martes, esteas sabedor o mércores de que non vou ter cartos o xoves, e que se non mos mandas o venres collerei a bicicleta o sábado e presentareime aí o domingo.
O teu fillo

E contéstalle o pai.
Querido fillo:
a túa carta do luns recibida o martes, estando avisado o mércores de que non tes cartos o xoves e que non chos mando o venres, se colles a bicicleta o sábado agárdate unha boa malleira o domingo.
O teu pai


Desesperante, verdade? Pois hai nada era así, contádellelo aos vosos fillos.

Sem comentários: