Número total de visualizações de página

quarta-feira, maio 20, 2009

A pijocracia

A pijocracia ao final nin era bilingüe nin trilingüe, teñen a lingua plana e a duras penas dan enfiado un discurso que diga algo, cunha certa coherencia e corrección lingüística. E iso que foron a colexios moi bos, de pago e todo iso.
A pijocracia non é amábel; é arroutada e tremendamente extremista.
A pijocracia sabe o que valen uns zapatos de marca e cando se poden conseguir con desconto, pero non ten nin puñetera idea do que pode custar contentar cunha educación á carta aos seus amigos pijos, o sea, la ciudadanía, no?.
A pijocracia en realidade non sabe o que vai facer, nin se se pode facer o que dicían que ían facer, de momento, pelotas contra a parede. Sigamos atentos á pantalla.
Eu riríame, de verdade, se non fose porque son consciente do que algúns, cun estrepitoso acompañamento de coros y danzas, poden chegar a facer co poder

5 comentários:

Gabriel Pérez disse...

Mira que a min, para me alterar e cabrear hai que sudar. Pero estanme tocando os collóns de tal maneira, que vou empezar a recordar as vellas manifas da LOU e o Prestige. Sei que levar a lingua ás barricadas non é bo, pero... Teño a sensación, porque fun alumno seu, de que o novo secretario "pode" facer algo, inda que sexa de parapeto, pero... hai imaxes que matan. Teño demasiados "peros", o malo é que as miñas intuicións non me din nada bo...

arume dos piñeiros disse...

Non te pases, que eu teño unhas gafas coma as do Feijoo. Comprei uns pantalóns brancos e ando tras uns zapatos de ante marrón.

legnaresa disse...

seica no día a día xa non podemos vivir sen trapalladas tecnolóxicas. Velaiqui que o trebello polo que fala o insigne orador é capaz de facer tratucción simultánea sen mentras outro piringallo na orella vaille cantando: un-dos-tres, un-dous-tres, cambio de mirada, micro a outra man. Un-dous-tres, u-dous-tres sorría por favor.O que se diga e o de menos,o importante e sacarlle partido o curso de comunicación interpretación integral impartido na EGAP. Esa postura julioiglesina non se consigue sen preparación. O que vostedes teñen e unha envexa insana que non é nada boa para o cutis. Vaian practicando no caraoke pois queda moito que bailar: bailarrr, bilarrr, bailarrr bailarrr, bailarrr.

SurOeste disse...

Coidado que cando o can de Gabriel se enfada...!

Arume, se aínda "andas detrás dos zapatos" non tes moi claro o dos descontos, ter´s que facer unha oposición a pijócrata, porque con eses méritos non tes moito que rañar.

Legnaresa, ten razón, todo é porca envexa. e onde di que dan eses cursos?

XDC disse...

Eu, o que máis lle envexo ao Feijóo é a tupida cabeleira. Os pantalós , os zapatos, as gafas, todo eso cómprase,pero ese pelaso...
Tamén envexo os rizos do Arume, que se parecen máis ao meu propio pelo...cando existía.