Número total de visualizações de página

sexta-feira, maio 15, 2009

Política macha


Ai! Que home este, que poderío! Se arde, arremángase de mangueira e apaga o lume. Se hai conflito, arrebólalles dúas ordes e catro contraordes aos subordinados e deixa aos alborotadores desorientados.
E como manda! E con que naturalidade impón a súa violencia simbólica... se ata nos fai ver como intelixente e calculado o que parecía que non tiña nin pés nin cabeza ou eran paus de cego!
Quen ía pensar que tan axiña ía reinstaurar a amabilidade e a cordialidade lingüística? Por iso foi buscar a un independente, claro, por iso volveu poñer a SXPL subordinada á Consellería de Educación, cada cousiña no seu sitio, para o caso que se lle vai facer ao conselleiro... Que sabe o conselleiro de política lingüística? Nada! E de política? Nada. Pois logo... Cada un para o que é. Guapiño si que é. Xa o pensara desde o principio. Para amolar aos desconfiados.
Se prende lume xa o apagará, será por mangueira! E seique vai facer unha Lei de Normalización nova á carta moi enrollada. Estou desexando vela, porque vai ser cousa bonita de verdade, coas súas excepcións e todo. Cada un poderá elixir o topónimo que máis lle guste (cunha cláusula válida só nas cidades pijas e lugares de veraneo).
Por fin alguén que ten claro o que é a liberdade e para que vale a democracia. Non vedes como sabe? Alá os radicais que se escornen.

7 comentários:

Anónimo disse...

A algunos o a algunas, cuando una persona lo hace bien, os fastidia y sobre todo si es de un partido que no es nacionalista. Ya era hora de que alguien pusiese un poco de orden en Galicia. Si hay que cambiar las leyes, se cambian y ya está. Seguid, seguid así y ya veréis. Lo de Anxo Lorenzo inexplicable pero seguro que va atado corto.

SurOeste disse...

Deste comentario eu suliño a seguinte secuencia:

"Ya era hora de que alguien pusiese un poco de orden en Galicia. Si hay que cambiar las leyes, se cambian y ya está"

Autoritarismo, paternalismo e pouco respecto polo marco lexislativo común.

Anónimo disse...

Ah? Pero xa se cambiou algunha lei ou o noso atractivo presidente segue a facer cálculos políticos na selva na que el soíño se meteu?

SurOeste disse...

A ver, o que pasa con este home é que, dada a lonxitude da mangueira que utiliza para apagar os conatos de incendio "político" que probablemente non pode evitar provocar,é doado que se lle enrede, faga un lío e teña que ir cabo dun especialista a que lle solucione o enguedello.

Xis disse...

Sempre me fixo gracia que os lingüistas xogasen a dicir que algo era legal ou ilegal, v.g. Galiza ou Galiza. Pero máis gracia me fai que os xuristas xoguen a dicirlle aos lingüistas cales son as formas correctas.

Xa o vexo, co pavero que o Feijoo, acabará dicindo que Sangenjo ou Ginzo é a forma correcta do topónimo. En titulares: Política lingüística e o Parlamento galego facendo uso da súa soberanía indica que a forma correcta para referirse a ese lugar de veraneo: Sanxenxo e sangenjo. Bilingüismo harmónico...

SurOeste disse...

Non te preocupes, que seguro que atopa un lingüísta que lle fai un tratado de romanística adaptado ás novas esixencias políticas. Fabricar unha nova realidade: eis o reto.Fan falta, ideólogos, sociólogos, filólogos e, sobre todo, xastres.

Anónimo disse...

O meu herói!
Mirade con qué garbo, con qué brio, con qué saleiro menea a mangueira!