Número total de visualizações de página

terça-feira, junho 02, 2009

Mala conciencia


Para min é un misterio que os cans se sometan aos amos. Ben sei que ten a súa explicación científica: son animais gregarios e establecen vínculos afectivos con quen lles proporciona alimento. Pero hai máis... ás veces semella que o seu interior é máis complicado e cando se enfrontan ao amo , despois de facer unha falcatruada, mesmo xuraría que teñen mala conciencia. Xa sei que non pode ser; Hegel non escribiu sobre a conciencia desventurada pensando nos cans...
Seguen a ter os seus instintos revolucionándoos –a caza, o sexo, o asexo– pero xa totalmente condicionados á vontade do amo e, por esta razón, producíndolles sensacións opostas de pracer e de dor. Non os poden evitar, pero teñen que evitalos.
O can que tiñamos de nena salvávame cando facía que afogaba no río, cazáballe os pitos á veciña e víñallos traer amodiño ao regazo da miña bisavoa, medio mortos xa. Iso si, cando tocaba de ir ás mozas desaparecía dous días e volvía sen arrepentimento ningún, cansado e satisfeito.

10 comentários:

Isabela disse...

Eu, como sabes, sou uma amante de cães, e digo-te com muita certeza, fruto de muita observação, que eles tem boa e má consciência embora sejam um pouco como as crianças: sabem que devem fazer ou não, mas não entendem porquê porque as nossas regras não têm sentido para eles, mesmo aprendidas.

Xis disse...

É unha apreciación curiosa. A natureza, a supervivencia, o adn...

Eu teño o problema contrario, entres aspas, tiven un gato, agora regaláronme outro, e ningún dos dous me fixo nunca puto caso...

E o cadelo chamábase?

r.r. disse...

Interesante, si si. Non puiden deixar de poñerme alegórico mentres lía...

Menos mal que as actividades lúdicas non lle creaban mala conciencia ó pobre (feliz) can, ben que facía.

SurOeste disse...

Nós observámolos e eles obsérvannos, Isabela e é esa misteriosa "vontade" de agradar a que me fai pensar.

Os gatos son outro mundo, Xis, pero normalmente son moi cariñosos. O can este, o da foto, chámase Roi.

Efectivamente, r.r, na súa vida privada non admitiu nunca intromisións. Iso si que non estaba disposto a negocialo!

SurLeste disse...

Son o da foto e para min é un misterio que os homes e as mulleres se sometan aos amos. Ben sei que ten a súa explicación científica: son animais gregarios e establecen vínculos afectivos con quen lles proporciona alimento. Pero hai máis... ás veces semella que o seu interior é máis complicado e cando se enfrontan ao amo , despois de facer unha falcatruada, mesmo xuraría que teñen mala conciencia. Xa sei que non pode ser; Hegel non escribiu sobre a conciencia desventurada pensando nos homes e nas mulleres...
Seguen a ter os seus instintos revolucionándoos –a caza, o sexo, o asexo– pero xa totalmente condicionados á vontade do amo e, por esta razón, producíndolles sensacións opostas de pracer e de dor. Non os poden evitar, pero teñen que evitalos.
O home que tiñamos de nena salvávame cando facía que afogaba no río, cazáballe os pitos á veciña e víñallos traer amodiño ao regazo da miña bisavoa, medio mortos xa. Iso si, cando tocaba de ir ás mozas ou mozos desaparecía dous días e volvía sen arrepentimento ningún, cansado e satisfeito.

SurOeste disse...

Deteñan ese impostor!

Xoan da Cova disse...

Son animáis, máis que gregarios (coma serían os pardaos), xerárquicos. Anque a sua xerarquía é moi simple: hai un xefe e todos os demáis son subordinados. Non chegan ao grado de diferenciación xerárquica de, por exemplo moitos simios. Para eles o amo é o xefe da manada.
O senso das reglas non lles importa, O único que precisan é que esas regras formen un conxunto coherente. Matar un ave e deixala ós pes do amo,non pode supoñer un premio unhas veces e un castigo outras. O que parece mala conciencia pode ser unha intolerancia á contradicción. Si un can marcha tres días da casa, e, cando volve, lle rifan porque se foi, o que él entende, e ten toda a razón, é que lle rifas porque volvéu. É o que acaba de facer de xeito máis recente.Haberá contradicción con outras mensaxes non verbáis que lle comunicarán que te aledas de velo.
Cantas veces o seu ladrido significará "Están tolos estes humanos!".

Ra disse...

Yo creo que la tienen. Probablemente Hegel también.

Un saludo.

SurOeste disse...

Xoán da Cova évos un libro aberto.

E terán, Ra, e terán!

Anónimo disse...

top [url=http://www.001casino.com/]online casino[/url] check the latest [url=http://www.casinolasvegass.com/]casino[/url] unshackled no store hand-out at the chief [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino games
[/url].