Número total de visualizações de página

domingo, junho 14, 2009

Clasificacións


–Hoxe en Educación Física estivemos bailando.
–Ah, si? É moi divertido!
–Buah! É un rollo.
–Ao, principio, mentres non lle colles o truco, despois xa verás como che gusta, coma case todo na vida. E con quen bailaches?
–Primeiro bailei con L. e bueno, polo menos non me pisou.
–Non está mal.
–Despois bailei con C.
–E que tal C.?
–Que plasta!, Non ía contando os pasos? Uno-dos-uno-dos... é así con todo ata para bailar!
–Xa será menos, tomáchela co pobre rapaz.
–Despois con M....Que pasada!
–Baila ben?
–Baila coma unha buxaina, vai a todas as festas en dez quilómetros á redonda. Un profesional.
–Así dá gusto.
–E tamén con N. , que risas!
–E logo?
-Pregúntolle, "ti sabes bailar?" e dime "só darlle á cabeza", éche moi heavy metalero. Non dábamos pé con bóla... que desastre!

6 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Bailar, se se baila ben, coa cabeza...tamén che ten o seu aquel.

Saúdos dende a Chousa

Xis disse...

Eu bailar bailei, pero a gracia non era moita.

Hai que preguntar aos pais dos nenos se queren ensino de baile, e que tipo de baile cha-cha-cha, tango, vals...

Fermosas fotos, vou facer un fotolog roubándoche as fotos que deixas no teu blog

SurOeste disse...

Este blog é hoxe coma o campo da festa sen pólvora. Pódese cantar e bailar en todos os estilos, hai comida e viño para todos.
Os únicos que non están convidados son os que nos queren pisar a propósito; eses que vaian por aí adiante!

Xis disse...

Estaba hai anos nunha voda e había moita xente a bailar a típica música festeira. Eu discretamente perpetraba unha serie de movementos de baile nunha beira, e non me parecía que bailase tan mal (eu bailo mal, a secas)

Nisto que se me achega unha vella, e espétame tan ancha: Rapaz debes ser o que peor bailas de todos.

Dende aquela, a miña relación co baile ten sido difícil...

r.r. disse...

Eu son dos que baila mellor coa cabeza... Pasoume algo semellante a Xis, vaia trauma, logo de ser na infancia unha especie de emblema parroquial do baile "gallego", cheguei a facer mesmo o espantallo (que non sei se era bo ou malo). O que somos e o que nos volvemos...

XDC disse...

Si moves a cabeza de dereita a esquerda, é pop. Se a moves de diante a atrás, é rock. É o mellor criterio para distingulos, jajajajaja.