É un castiñeiro moi vello. Primeiro empezou sendo unha vara delgadiña que abaneaba co vento. Á seguinte primavera xa se esgallara por primeira vez e, á seguinte, outra. Cada novo gromo foise facendo forte e medrando e esgallándose á súa vez, con esforzo, con dor, se cadra, e unha vocación firme de medrar en todas as direccións formando unha maxestuosa ramallada.
É a vida. A vida en forma de castiñeiro.
3 comentários:
¡Ah, andaba vostede tamén por aquí! Recoñeza que a foto é trampona, saudosa á mantenta. Agora o castiñeiro estará fermosísimo. Pero é certo que non hai mellor metáfora da vida que unha árbore. E se dá castañas, con máis razón.
Que bo! Xa cho digo, eu non son de blogs pero este estache moi ben.
Parabéns.
E ás árbores, efectivamente, son unha gran metáfora. Diría máis, unha fodida metáfora...
Ärbores xenealóxicas de descendencia e de ascendencia...
A mín cando alguén me dí que "descende" de tal ou cual persoaxe importante, dígolle: "Conócechese ben que descendes. Eu ascendo de unha familia de labregos".
Enviar um comentário