Número total de visualizações de páginas

terça-feira, janeiro 29, 2008

Manuscrito II (reconstrución)

Foto de X.B. Arias

Eu son. O meu nome acenderá unha estrela nova en cada constelación. S.O.S. Fomos ficando sós, o Mar, o barco e máis nós...Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacábel contra os vellos. Eran os vellos ou os novos? -Eu non firmei isa folliña- dice Paradela que le respondió Cebreiro- Manoel-Antonio dixome: Qué che parece iso? Y eu lle dixen : Boeno. I apareceu co meu nome. Eu non-a firmei. Anyway: Pra que falar da primaveira, si o único que nos trai o abril é un saldo de flores de bazar? e un xardín incestuoso ergue aqueles SóS tan fortes do amor tamén son capaz de decorar interiores. Interrupto pero desfeito. Luzia Sanchez, jazedes en gran falla comigo, que non fodo mais nemigalla d´ua vez, e pois fodo, se Deus mi valla, fiqu´end´afrontado por tercer dia. e que despois de tres ou catro anos de facer vida formal, veulle un gran descreto en toda aquela bisbarra porque se soupo que non fora unha soa tolaxada a do rapaz con que fuxira, sinón que lle gorentaban os mozos, coasi raparigos, que desque os pillaba non lles daba repouso, até deixalos chuchados como de meiga, que algún morrera das resultas, que xa era moito argallar. Non me importa que o fixeras, pero con esa mona. ¡Hostia, é que non o entendo! Non me digas que non é unha mona, se o único que quería era deitarse contigo. Se é un cara, joder, se é un cara. No seu tempo, Manuel Antonio tivo a radical audacia de mandar á merda toda a literatura galega.
Fomos ficando sós, o poeta, o idioma e mais nós.

sexta-feira, janeiro 25, 2008

Avance do manuscrito

Téñome preguntado moitas veces cal será a razón pola que en Galicia ao nenos que non saben nin entenden máis que o galego puro se lles queira aprender o latín através do castelán que descoñecen. É verdá que hoje non usan o noso idioma gallego para leis, nin escrituras, nas oficinas nin tempros, nin poñen declaraciós, nin estenden testamentos, de maneira que a mil pobres lles meten gato por coello. Mais esto ten outro rabo que enrosca asoballamento, e ten conta desfolalo e desroscalo con tempo. Con tento, vai con tento. Xa vou contento, xa. De lle barrer o cangallo, de depuralo con tento, combinarlle voces novas e mais rico ilo poñendo e tan nidio e tan garrido que regale o entendemento. E i-eu comprendín que desd´ese momento quedaba obrigada a que non fose o primeiro e o último. N´era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira qu´eu mesma había levantado. Ánimo, compañeiros, toda a terra é dos homes, e aquel que nonn veu nunca máis que o propio a iñorancia o consome. Alá van en busca, non de triunfos senón de perdós; máis versos na lengua materna. ¡Porque vos amei tanto é porque así vos odio! ¡UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA! Antes que a común nai recubra os meus despoxos, deixar de min quigera un radioso lóstrego. Mui brancas, mui brancas, mui brancas están...Vamos mi buena Rentar, deja una vez tus tristezas. En troques, a terra das Campás de abaixo recolle polas arroiadas a mellor grosura e sustancia das terras altas, e gárdaas no chan mol dos lameiros de herba fina como a seda e nas nabeiras lenturentas. Se nela demora a néboa, tamén agarima o sol que fai pintar os acios do caíño, brencellao, treixadura, carnote, moza fresca, , e outras castes propias da ribeira, cepas antigas e retortas, postas nas ladeiras, abrigadas, penedosas e enxoitas. en ooros opulentos dos bacelos, en carballas cobrizas como arxila tremente. o outono, o outono despacioso como unha cobra de de lus peneirada.
Porque eu teño sorriso.
Pero non teño polla.
O máis insignificante consorte do mundo, ademais non ten polla.
pero ela ten tetas aínda que non teña cona.

Novas do manuscrito



Malia todas as argucias dos "R" eu e mais Iseo non arreamos o manuscrito: témolo aquí, con nós, nunha cámara secreta de non vou dicir onde. Mais quero aclarar algunhas cousas: o manuscrito non é o orixinal, senón unha fotocopia; non está encadernado, senón en follas soltas apañadas de mala maneira nun papel de Fotocopias Tórculo. Esta inexcusábel falta de coidado do anónimo mártir que me entregou o legado provocou que na precipitada fuxida caera o feixe e se esparexese pola Av. de Alfonso Molina, obrigándonos a facer un cambio de sentido ilícito para tratar de recuperalas todas (??).
En definitiva, a min paréceme que están case todas, o que non dou palabra é que estean ordenadas ou, alomenos, que estean na orde en que mas entregaron. Enfín, doutores hai na Nosa Terra expertos en crítica textual que poidan dar luz a este barullo, recolocando e, no seu caso, reconstruíndo, o tocho de fotocopias, mentres non aparece o orixinal. Teñamos fe, irmáns, a hora das revelacións está próxima.

quarta-feira, janeiro 23, 2008

Sic transit gloria mundi: II misiva desde Castel Sant´Angelo


Sei que non é fácil acreditar nos asombrosos e trepidantes feitos que neste blog van aparecendo así deste xeito discontinuo, esnaquizado, trapeleado, pero amigos, asegúrovos que eu mesma me vexo sobrepasada polos acontecementos e a rapidez con que mudan de dirección. Estaba convencida de que conseguira pechar aos "R" per saecula saeculorum na galería dos espellos entre as manequins de Tristán, pero o diaño nunca descansa e vai ti a saber como conseguiron fuxir os condanados. Xa o dicía a miña avoa, e moitos antes dela, que hai que ter amigos ata no inferno. Vede como se saben guiar os prelados. Está claro que algo houbo porque, coma augha dun cesto, escaparon de alí. Mais as cousa parece que non pintan ben para o vello "R", e rei morto, rei posto, ou as cuñas novas apretan as vellas, colleulle o sitio o sobriño. Sic transit gloria mundi, vello "R", a todo porquiño lle chega o seu Sanmartiño. Non podo resistirme á tentación de reproducir aquí, en lugar tan destacado, a última e abatida misiva desa gran figura que un día non sei por que, para min que non viña a conto, me quixo dar un lapote.

Sigo no mausoleo de Hadrián afundido na depresión. A terrible tentación do relativismo, ou mesmo do baleiro, moral acompáñame decote porque sen fe non hai esperanza. Perdín a fe despois de saber que o meu sobriño (a partir de agora SR) aceptou substituírme na miña cruzada na afastada Galiza. Eu que o coidei coma se fose un naipelo dende que comezou a súa carreira. Mesmo tiven que conseguir que a Festa do Cocido se celebrase na Praza de San Pedro para que lle desen un carguiño en Lugo! E agora isto. Xa o dicía miña avoa "cria episcopus e comeranche os sangumiños". Leo a Boecio pero a filosofía non me consola. Xa son unha pantasma do século XX. A miña animula, vagula, blandula esváese sicut nubes, cuasi aves, velut umbras.
Cuasi R.

terça-feira, janeiro 22, 2008

Ameazas visguentas de "R"(misiva desde o Castel SantAngelo)


Que carácter ten Susan! Cando lle expliquei a fuxida de Suroeste con Iseo (a súa íntima consiliis eorum) chamoume, ad pedem litterae, "stulte" "equus asinus" e mandoume ó Castel Sant'Angelo ad memoriam rei perpetuam. Entende que o tema do manuscrito é un casus belli e así o proclamará o domingo coram populo. Vai nomear un legatus in partibus infidelium para levar este asunto. Indocti discant et ament meminissi periti: seguirá a caza destas novas "Thelma et Ludovica". Quo usque tandem abutere, Suroeste, patienta nostra? Quam diu etiam furor iste tuus nos eludet? Non, non, Suroeste, non teñas esperanzas: velis nolis, Roma locuta, causa finita. Prepárese: cando poida saír deste mausoleo, viran as acta, non verba. A súa política de "ad captadum vulgus" non triunfará e non teño animus iocandi. Lembre que delictum iteratum gravius est.
Vae Victis!
R.

sexta-feira, janeiro 18, 2008

Top Secret

Un curioso comentario anónimo apareceu neste blog facendo referencia á recente polémica no mundo literario galego. Eu nin quito nin poño, como dicía unha famosa pitonisa na radio no te digo ni que si ni que no, las cosas vienen y van, só recorto e pego porque iso si, a polémica é o meu medio natural:

Está ben, Suroeste, está ben. Revelarei o segredo. Hai meses uns operarios que derrubaban unha casa en X atoparon un manuscrito. Entregáronllo a un erudito local que pasaba por alí quen, despois de varias pescudas, descubriu que aquel feixe de papeis posuía varias características extraordinarias: a) Non correspondía con ningunha obra publicada. b) Tiña unha data posterior a 1967. c) Non estaba asinado por Franco Grande. d) Colocábanse os pronomes segundo as gramáticas e e) Sorprendentemente, era unha peza literaria BOA??? Inmediatamente, o investigador púxose en contacto co xornal citado por vostede para venderlle o manuscrito. Déronlle un bo mangado de reás, puxéronse en contacto con varios especialistas en crítica literaria (que logo desapareceron misteriosamente) e comezaron a deseñar unha estratexia, xa que a publicación desa obra BOA??? ía facer que o número de lectores en galego aumentase de forma vertixinosa. Primeiro, claro, a versión en galego na rede (seica se preocupan pola nosa lingua) e logo a polémica sobre a literatura galega escrita despois de 1967 (para logo eles poderen presentar unha obra BOA?? escrita en data posterior). Pero non acaba aí o sarillo: por que desapareceron os críticos literarios en condicións non aclaradas? Estes especialistas déronse conta de que a obra estaba asinada por unha persoa que procedía, non podía ser doutra maneira, da dinastía merovinxia. Por que, Suroeste, se nomea a un sobriño de Rouco para o bispado de Lugo? Por que? Creo que xa o sabe.

quinta-feira, janeiro 17, 2008

Tendencias sociais: antroponimia.

-E como lle ides poñer á nena?
-Hanna.
-Ghana de que? De caghar ou de mexar?
Foivos verdade; quen mo contou rematou o conto cun "e non llo puxeron".

terça-feira, janeiro 15, 2008

Identidades nómades



Nací en Italia, más específicamente en esa extensión de tierra del noroeste que los venecianos colonizaron allá por el siglo XIII. (...)
Más tarde fui criada en metrópolis policulturales de Australia, en las postrimerías de la organización política de la "Australia Blanca", justo antes de que se pusiera de moda la tendencia del "multiculturalismo". Por entonces no se alentaban los contactos entre los migrantes y los aborígenes; en realidad el contacto con la cultura aborigen era inexistente hasta en los guetos urbanos. Sin embargo, la presencia aborigen encubierta y el silencio de la cultura dominante australiana sobre el racismo, la estratificación de clases, la nostalgia colonial y la situación difícil de los aborígenes sonaba en mis oídos como un signo constante, tácito, de un trastorno interno dentro de la psique y el estilo de vida australiano. Todo eso me hacía sentir desgarrada.
Siendo la identidad cultural externa y retrospectiva, el efecto más inmediato de mi experiencia australiana fué hacerme descubrir la profundidad de mi condición de europea, que estaba lejos de ser una simple noción o una experiencia aislada. Yo no sólo era una inmigrante blanca si se me comparaba con los aborígenes, tambien era una seudoblanca (una wog o dago) si se me comparaba con la minoría angloaustraliana que regía el país. Entonces, ¿como hacer lo correcto? Fué por oposición a la psique y la identidad cultural antípoda como descubrí, a menudo a mis expensas, que soy en verdad europea. Con frecuencia me pregunto si esta conciencia habría sido tan aguda si yo no hubiese experimentado la pérdida de mis raíces europeas como consecuencia de la migración. La identidad cultural, ¿puede surgir de una dinámica interna? ¿o es siempre externa, es decir, surgida por oposición? Lo que hoy sé con seguridad es que el término europeo me impresiona como una noción cargada de contradicciones que nunca deja de seducirme ni de sacarme de quicio. La palabra europeo está para mi intimamente vinculada con cuestiones tales como la confusión cultural y los conflictos interculturales; representa la mobilidad física a través de ondas interminables de migración y una marca especial de memoria histórica que, por consciente que esté del colonialismo, no puede compartir fácilmente los reclamos de la condición poscolonial.

Braidotti, Rosi, (2000[1994]), Sujetos nómades, Buenos Aires, Ed. Paidós.

quarta-feira, janeiro 09, 2008

Sarko e mailo sacristán



Cada día teño máis claro que non son, nin de lonxe, o tipo de Sarko. Menos mal, porque a min o presidente de Francia váiseme parecendo ao sacristán aquel do conto que, coa súa insistencia e arrogancia, vencía calquera obstáculo que se opuxera aos seus desexos. O cura xa lle tiña as medidas tomadas desde o día en que, farto da súa continua ladaíña, acabou dándolle o reloxio prometido por non sei que traballo a maiores que lle fixera. E conste que o cura era coma a virxe do puño, pero nin así puido con el.
Un día foille unha moza a confesar:
-Que o meu mozo insísteme moito, que non dou palabra de poder resistir, que tal e que tumba.
-Mantente firme, miña filla, o teu corpo é templo de El Señor, alabado sexa, ao demo non lle hai que dar nin a máis mínima oportunidade, e todo por aí adiante.
-É que vostede non sabe como é o meu mozo.
-Non será para tanto, muller, tendo a vontade limpa e rexa e a protección de Deus.
-Non lle sei eu, cando volva seguro que xa sucumbín.
-Non o digas nin de broma, falo eu antes con ese mozo e cántolle as corenta en bastos, quen é?
-Élle o sacristán, señor cura.
-O sacristán???? Ai, miña neniña, dáte por fodida!!!

quinta-feira, janeiro 03, 2008

Aprenderlle galego a La Voz



Ten razón R.R o blogmillo anda de resaca, por iso acudo a La Voz (non sei se de Galicia) e percorro sen présa as novas todas da súa páxina traducida ao galego, nobreza obriga. Deste xeito decátome que Francisco Váquez é o embajador de España perante a Santa Se. É normal, dígome, este home é intraducíbel. Continúo deleitándome co cruce de declaracións emponzoñadas entre o kaiser Antonio e a conselleira Bugallo. Que cruz ten esta señora con La Voz, penso, e mira que lles parecía a todos tan encantadora e elegante no principio do seu mandarinato. Cómpre a punta dos tacóns ben afiada para lidar coa burguesía coruñesista, e moito tino coas linguas bífidas-esgalladas que confían a súa edición dixital a un tradutor automático. Recórtelles un algo de subvención xa verá como rebrincan.
E o que me chegou á alma, este titular: Ponche no mapa (?) Vouno explicar porque...o demo me coma se non pensan que somos parvos ou, peor aínda!, que tanto nos ten: seique queren con este simpático chamamento pangalego que os emigrantes se vaian colocando nun fermoso mapamundi que eles facilitan, e non, como en principio se puidese pensar, que lle dean ao ponche mentres miran o mapa.
http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigracion/index.htm?idioma=galego

quarta-feira, janeiro 02, 2008

Un paso adiante



A min estas festas repatéanme. Tanto tilín-tilín de aquí e de acolá exaspérame. Tantos bos desexos repentinos descolócanme. E veña con cumprir con isto e con aquilo e ter conta non lles vaia parecer mal. Aínda así fágoo, moderadamente, pero fágoo, sabendo que malia todo vou quedar curta.
Dito isto, non vou negar que hai neste ritual de finalizar un ano e comezar outro unha certa barreira psicolóxica para min que me leva a facer novos votos para o ano novo. Pode ter que ver coa sensación de baleiro espiritual que me deixa a vida de porquiño consumista e preguiceiro dos derradeiros días do ano. Por iso agora doulle voltas ao un novo programa de rexeneración que me poñerá no camiño das lecturas proteicas, das dixestivas reflexións, da planificación férrea do traballo e do establecemento duns obxectivos temporalmente fixados. Case nada. Digamos todos xuntos: Eu podo!!!