Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, março 26, 2010

Machote, machote, machote


Aí, Albertiño, aí, que todo o mundo saiba o simpático, marchoso e enrollado que pode chegar a ser un presidente. Claro que si, o cortés non quita o valente: sensíbel cos problemas sociais e as catástrofes naturais, rendido admirador da graza e a beleza –a ver se se che avén, ho, que ti tampouco es manco– posuidor dunha retranca que desafía ás mentes máis preclaras, fino administrador de ideas-forza en supositorios despois dunha cea coma quen ofrece un licor de herbas do da casa, que non fai mal e entra de marabilla. Que si, Alberto, que si, que pau de punta non quebra nunca, iso é sabiduría popular.

9 comentários:

Dilaida disse...

Ai!, Ai!, Ai! Pero mira que é farfallán. Gústame o de "machote" porque en galego sería "machiño! ¿non?

SurOeste disse...

Machote, coma mazacote, teñen un sufixo de moito rendemento en galego que engade un matiz lixeiramente diferente a machiño. Se a un lle din machote é para rirse del, aínda que inche o peito.

Dilaida disse...

Efectivamente, tes moita razón, o sufixo -ote é pexorativo, pero cando alguén ten un fillo e lle din "tiveches un machote?" non é en sentido pexorativo e na miña entorna "machote" díselle a alguén que é moi valente.
De todas formas gústame a túa entrada e non pretendía correxir nada nin ofender.
Bicos

Balonga disse...

Pardeus que xoia!.
Os que moramos toda a vida lonxe de Galiza, nunca chegariamos a imaxinar tanta simpleza. Hai cousas impagábeis. Son feliz, rin ás cachizas.

SurOeste disse...

Son afortunada coa xente que recala neste blog.

Muac!

Chousa da Alcandra disse...

Non llo digas tan alto que o vai crer..., e ademáis non se vai decatar das incidencias semánticas dos sufixos nin farrapos de ghaita!.
Así ímolo botar (votar xa o votaron) a perder.

SurOeste disse...

Faltaba o comentario do Chousa, agora que xa estamos vou ter que ir pensando noutro post, que este xa me empeza a deprimir.

O Chousa disse...

Dito asi...non sei se "o Chousa" debería suprimir o seu comentario ou ti escribir outro post. Co fin único de non deprimir

SurOeste disse...

Eu debería escribir outro post –é o malo de escribir sobre algo de actualidade; enseguida queda reseso– pero a inspiración deixoume de lado, de momento.