Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, março 08, 2010

A ignorancia é atrevida, señor Varela, teña conta


Tan atrevida que un señor cosmopolita, cheo a rebentar de alento wagneriano e soberbia displicente, pode ter a facundia de traducir topónimos como deus lle dá a entender mentres está actuando de representante de todos nós. Así o incomprensíbel, por vernáculo, Sobrado dos Monxes pode dar lugar a un Desván de los Monjes, que vaian vostedes a saber por onde cae, porque no mapa, afortunadamente, aínda non o puxeron.

O señor cosmopolita sabe idiomas, tan necesarios no mundo de hoxe, pero parece que nese loábel proceso de aprendizaxe decidiu esquecer o seu propio, no que, segundo el, aprendeu a falar. Deste xeito pode explicarse que xa non sabe –ou non se lembra– o que é o sobrado. Que mágoa que o cerebro dalgúns teña tan pouco espazo de almacenamento!

Teña coidado, señor Varela, que calquera día pisa un angazo por mal sitio e dálle no medio e medio dos fuciños. Daquela, ai!, daquela si que se lle ha recordar todo!!!

8 comentários:

Anónimo disse...

o peor é que é verdade. Veño de escoitalo e alucino.

SurOeste disse...

Estes eran os do birrete, seique.. Como serán os da boina?

Anónimo disse...

é que sobrado e toro taban moi ensimesmados. o desensimesmador que os desensimesme, bo desensimesmador será. e velaí tes.

Balonga disse...

O conselleiro rabiado dicialle a Carme Adan que, como ía el dicir "Desván de los Monjes" ca!, mais quedou en cirolas. Importalles pouco, a brigada de zoinamoinas que xuntos na Xunta, xuncos xuntan.

SurOeste disse...

Si que é estar ensimesmado non pensar nin no que se le, non ter nin un mapa do territorio colonial que administras, non ser nin consciente de se dis verdade ou mentira.

Non terá unha espécie de maldición a Consellería de Cultura? Hoxe Beiras na Coruña chamoulle Consellería do Lapsus (freudiano).

Anónimo disse...

Vaidade do conselleiro Varela e o PP

Vanidade e radicalización do individualismo: nada novo
Hindemith2010-01-28 16:50:53A
cultura, algo intanxible, que vai definindo espacios e tempos. A día de hoxe, ainda máis que no pasado, as linguas, na súa faceta máis cotiá, nas máis reflexivas e estilizantes, son as que sustentan toda esa cultura, se non se amosan nunha igualdade absoluta. Transmisoras poderosas e indiscutibeis da súa propia existencia. Toda esta xente, cada un deles por separado, fai cultura. É cultura. Representan á cultura, queiramos ou non, queiran eles mesmos ou non. O actual conselleiro será moito conselleiro, no 2010 d.C., pero non representa nen aporta NADA á mesma (estrana línea no tempo, acotacións difusas). Queren pretender, o mesmo que os seus colegas de caducas intencións, facerse un 'noxento' oco na súa propria, triste e ensimismada historia persoal, facerse pasar por adalides de homoxenizacións e 'koinés' pseudo-universalistas ben localizadas na propia historia da nosa lingua. Unha diacronía cargada de desfeitas. Un destartalamento máis. Nada novo, nada grato, a antítese de certo esplendor sistemáticamente negado. Re-negado. Todo a costa de estranos miolos, de obsesivos obxetivos (sempre resucitados) e de intereses demasiado concretos. Que é, que dereitos ten unha xeración de votantes, unha promesa electoral, agora cun retorticeiro argumentario, snob-pailán, de 'liberdade' (retorticeiro e egoísta, no que non cren nin eles mesmos) ao lado do que se trata?. Amósanse dispostos a facelo con todo. Os perigos e as desfeitas dunha xeración de políticos saída dos xeitos, dos valores e do horizonte máis 'friki' (que lle dixo o outro), dunha escola de prepotentes seminaristas. Tardofranquismo parapetado no significante (sen significado) da 'liberdade': non ten máis explicación. Quen é Radical? como se é radical e en canto a qué se é radical?. Cada cor ten o seu radicalismo. A paleta cromática é complexa: vermello, oscuro e claro; gris, oscuro e claro; azul, verde. Negro.

SurOeste disse...

O individualismo ata as últimas consecuencias, o contractualismo ata a extenuación: todo é negocible nun contrato? O famoso contrato de Feijoo pode pasar por riba de dereitos anteriromente pactados? Con quen fixo o pacto? Cun grupo extremo-radical? O horizonte de expectativa e ese grupo?

A onde vai este autobús?

Anónimo disse...

Atopei hoxe o teu blog e encantoume gústame moito como escreves e os temas sobre os que reflexionas, moitas grazas por albiscar unha luz entre a néboa.