Número total de visualizações de páginas

sábado, março 20, 2010

Armadura


Se vou ir ao fosado necesitarei unha armadura, pensei, para que non me atravese a primeira lanza que veña contra min, para non apañar as frechas que buscan un obxectivo –non necesariamente eu, mais tamén–, para evitar o tétanos dos metais suxos. Quero unha armadura lixeira que me permita erguerme axiña cando sexa derribada; esa será a miña vantaxe.

Tomádeme as medidas para facer unha nova armadura, advertinlles, pois non hai nas armerías nada a xeito para min.
Teremos que buscar materiais adecuados, consideraron, pois o duro metal abriría as túas carnes sen encalecer. Cómpre un material duro e ao mesmo tempo dúctil, que se adapte ás formas curvas e cubra a fina pelica como unha casca protectora na que esvare a violencia da guerra.

Morrerás, sentenciaron, es demasiado fráxil –mesmo a túa armadura, velái a tes, o é– e non poderás contar a historia.
Vivirei, retruqueilles, pois irei á batalla para contala despois.

13 comentários:

Anónimo disse...

Despois da batalla, pensa en min.

SurOeste disse...

Francamente, Anónimo, non teño capacidade de abstracción dabonda para pensar en ti despois da batalla.

Anónimo disse...

Era unha referencia a Shakespeare, non a vostede.

SurOeste disse...

Moi bon, si señor! E xa que evidenciei a miña escasez cultural vou atreverme a preguntar a cal dos textos de Shakespeare se refire, se non lle incomoda facer de pedagogo...

Anónimo disse...

Citei de memoria e cometín un erro. A frase exacta é "Mañá na batalla pensa en min". Áchase na escena III, acto V, de "Ricardo III", de Shakespeare.

SurOeste disse...

Moi bo iso tamén! Ai, Anónimo, non somos ninguén. De todos os xeitos, mañá, na batalla, heime esforzar en pensar en vostede.

Anónimo disse...

Pense mellor en Shakespeare. Nel está todo, ou case todo.

SurOeste disse...

Está (case) todo e, aínda así, é posíbel contalo doutro xeito, por iso encarguei a armadura: vaime facer falta.

miyazaki disse...

Reflexiona Yamamoto Tsunemoto en el Hagakure "El bushido es morir...Si uno muere sin haber alcanzado los objetivos, puede que sea una muerte en vano o una locura, pero jamás una deshonra. Será mas bien la realización del bushido..."
De la batalla nunca se vuelve, sea cual sea la armadura, en el campo quedamos todos, unos tendidos, unos de pie, pero allí todos. Puede que en la siguiente batalla logremos encontrarnos durante un instante y nos de tiempo a reirnos de las armaduras.
Shakespeare, ¡mmmmmh!. Casi todo, bastante al menos. En Grecia estaba todo, en algunos tipos geniales tambien, pobrecitos... en Beethoven, en Velazquez, puede que solo en el Inocencio X ya esté todo, pero a mi estos me dan miedo. En Mozart hay mucho de algo, es mas amable. Shakespeare, quien le iba a decir que Harold Bloom lo convertiría en el centro del canon occidental, hay gente con suerte.

miyazaki disse...

YAMAMOTO TSUNETOMO.

Anónimo disse...

Na batalla, non só fai falta unha boa armadura, tamén ter unha boa cabeza que prevea o ataque do inimigo de maneira que se poida esquiva-lo golpe. E xa non falemos dos reflexos...

SurOeste disse...

Se o pensamos tanto non vou... e era ben que fose.

Balonga disse...

Non vaia a expedición. As xentes do tempo din que choverá. E choverá, choverá. Entón enferruxaráselle a armadura e dexovarase. E mellor que lles faga cruzar o río Limia e daquela perderán a memoria coma os Romanos e ficarán ensimesmados no desván contando fabas e vostede poderá contalo.