Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, dezembro 09, 2009

O feisbú e mais eu: crónica dun desencontro



Nos últimos días levo recibidas varias mensaxes –varias non quere dicir unha chea delas– desde o feisbú, algunhas solicitándome amizade e outras preguntándome pola miña prolongada ausencia de foros, galerías de imaxes, post propios e comentarios nos post alleos.

Que non conteste a ningunha non é soberbia, é só que o feisbú tenme desde hai dous meses marxinada do sistema, de tal maneira que podo recibir mensaxes no meu correo electrónico pero non abrilas na miña páxina nin tampouco contestalas. Do mesmo xeito tampouco podo poñer post nin comentarios nin, o que é máis grave, borrarme dunha vez do sistema. Así é que quedei como conxelada e o meu sorriso da foto de perfil vaise pouco a pouco torcendo, como se pode aprezar.

"Que farías ti para que te botaran?" preguntaredes. "Nada en absoluto", aseguro eu. O que boto en falta, porque penso que teño dereito, é saber por que fun condenada ao ostracismo e, paradoxalmente, pendurada nas súas redes a perpetuidade.

Ceibádeme xa, secuestradores do feisbú!

9 comentários:

Anónimo disse...

Primeiro, acabo de observar que ten vostede un libro dunha editorial viguesa, que non é dicir moito, na man. Faga o favor de concretar o libro, pero eu apostaría por opus nigrum, digo festina lente...

Segundo, resolver o do facebook porque xa non nos deixan entrar en twenti: ir a axustes, a configuración de conta, a desactivar conta, por un motivo peregrino como a peregrinación do papa.

Feito isto, déixase pasar un par de días ata que calle ben, e despois, volves entrar con pulos novos, coas mesmas amizades, e con problemas... se cadra semellantes.

Aperta forte

xmpb

SurOeste disse...

É inútil, xa o teño intentado e todo queda en standby cando chego a este paso:

Introduce las dos palabras que aparecen más abajo, separadas por un espacio.
¿No puedes leerlas? Prueba con diferentes palabras o con un archivo de audio.
Prueba con diferentes palabras o volver al texto.

non aparece palabra ningunha nin fai caso da que introduzo. Parece o conto "de la buena pipa". Estou atrapada.

SurOeste disse...

Enfin, Xis, que paso de redes sociais xa.

Se queredes falar comigo mandádeme un correo cun enderezo electrónico que non sexa o facebook e contéstovos.

SurOeste disse...

A non ser que invente alguén o "corenty", daquela si que me apunto con brío renovado.

Fermín-e disse...

Sexamos serios: non perde nada, señora. Que se fodan os do feisbu por non contala entre as súas comentaristas.

Se o libro que leva é Festiña Quente, o do vigués, dígolle pero xa que non volvo levala de paseo. ¡Que mal gusto! ¡Canta envexa! (en min)

Macho Varon disse...

Estimada Nubosidade Variábel,tengo a bien comunicarle que para ser readmitida en nuestro seno debe usted hacer propósito de enmienda, rezar 4 Avemarías y 1 Padre Nuestro. Ni la austera foto que envía acompañando a su lamento, ni su carita algelical le eximen de su culpa y penitencia. Si sí, la culpa es suya y solo suya. ¿Quién le manda meterse en estos infernales ríos del avernodixital? Pero es que acoso no se lo advirtieron insistentemente: no te metas que engancha, no te metas que engancha.... y usted erre que erre, pues eso amiga, QUE ESTÁ USTED ENGANCHADA. dado que no puede usted insertar coin para salir del apuro, más le vale entonar el mea culpa, darse 20 latigazos con el ratón (si no es inalámbrico) y apoquinar unas cuantas bulas feisbuquianas. Pruebe usted a grabar un villancico y enviarlo a la red.

SurOeste disse...

Vou pola 3ª avemaríaporísima, o padernuestro xa aló vai. O rato ten rabo e voume aplicando lostradas no lombo mentres rezo. Paréceme que o estou facendo todo ben. Falta o villancico...

Macho Varón disse...

ja, ja, ja, ja,.Algo inusual en mi persona oiga usted pero he tenido que ir por otra pastilla contra la faringitis pues de la risa se ma caio ar suelo. Progresa usted adecuadamente.Asi se hace. Bien mandá, ques ugte una bien mandá.

SurOeste disse...

Ai, que ben, que ben: vou gravar o villancico.