Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, dezembro 07, 2009

Bravissima, Patrizia


O alegato anti Berlusconi deseñado por Patrizia d´Addaro poida que sexa o principio do fin da rutilante carreira do cavalieri. E vou defender tan aventurada hipótese por unha razón única, pero importante: ela foi a única capaz de adiviñar o punto de partida xusto, atacalo desde a mesma mentalidade que el representa e que, seguramente ela, como a maioría dos italianos, comparte.
Aquí non se cuestiona que o todopoderoso respecte ou non as leis da República e as do Mercado. Tampouco se acata máis ou menos os Dez Mandamentos. Non entra en cuestión a súa estética de chulo macarrónico nin o seu desdén machista e racista, intolerábel nos tempos que vivimos. Non, non, trátase do honor: o cavalieri enganou á dama menesterosa, que á súa vez loitaba polo honos da súa familia, causa sempre encomiábel, e non lle entregou o que prometera.
Que lle custaba a el facer que se lle tramitase a concesión dunha "casa rural", aínda que fose con cargo aos presupostos públicos, era para tanto? Sempre os cabaleiros ben nacidos recompensaron ás súas amantes cunha mercería, como mínimo, cunha xoia importante, se o diñeiro negro era dabondo, enfín, cun presente que resarcira á muller do noxo do sexo non desexado. Berlusconi pagou a tarifa mínima, sendo el tan rico, e defraudou as expectativas xustísimas de d´Adddario.
O cavalieri é cutre, é falso e esquece o que lle convén, vai haber que desmontalo do cabalo.

3 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

O noxo do sexo non desexado pode provocar o desmonte do cavallieri do cabalo da indiferencia.
Mercer meréceo. Por chulo, chafalleiro e chambón. A ver se saira ben chamuscado deste choio.

Saúdos dende a Chousa chuviñenta e con nubosidade penenne estes días.

Aníbal Léctor disse...

Bravissima, SurOeste!

Anónimo disse...

Sinto non ser tan pesimista, pero ese individuo é como unha rata, de seguro que se escapa tamén desta.

Por certo, un comentario recordoume para cando un libro estilo Cabrera Infante: "noxo do sexo non desexado"