Número total de visualizações de página

quarta-feira, dezembro 02, 2009

Cambio de aceite


Onte sentinme ben. Moi ben. O mundo enteiro regalábame sorrisos, almanaques, bolígrafos e chaveiros e eu apañaba e apañaba incrédula e satisfeita. No banco retirei XXXX eurazos e déronme un almanaque en galego (nin sequera en bilingüe, tedes que crelo). Pero o que culminou a miña felicidade de onte foi a homenaxe que recibín no taller mecánico:

O meu coche elevábase no mecanismo tesoira hidráulico mostrando a barriga mentres o 2º de abordo dispoñía entre o bruar dos motores dos camións a súa posta a punto:
Míralle a este coche os niveis, filtros e rexistros– indícalle ao operario estrela; detense e sorrime antes de rematar– para que ande correcta esta muller.
Eu sentíame realmente ben a pé de obra vendo toda a operación. Falábamos berrando e non tiña nada de violento: fluxo de camións, gasolina ou gasoil, disposición das tripas do motor: –Para chegar ao filtro do aire hai que desmontar isto todo, ves?
BBBRRRRRRRRRRBBBBBRBRRBRBRBRBRBR
–Vou ter que poñer unha sala de espera, verdade?, con sofás e revistas.
BRRRRRRRRMMMMMMM
–Estou moi entretida.

O almanaque era de cachorriños nunha cesta de froita, os bolígrafos imitación pilot parecéronme moi prácticos, e o chaveiro, unha peza realmente fina dentro dunha caixiña en leito de veludo negro, chegoume dereitiño ao corazón.

6 comentários:

r.r. disse...

A min cando vou ó taller o único que me dan é a factura. Inda lle hai clases.

¡Destáqueme esa frase do superior! ;-)

SurOeste disse...

Ás súas órdes!

r.r. disse...

Para min que o problema é o inciso. :-*

Aníbal Léctor disse...

A mim tamén me viría ben un cambio de aceite...

SurOeste disse...

O lóstregos, R.R., os pensamentos, as grandes frases fanse a golpe de machada: chispazo, parada en seco, impulso, chispazo. E a min paréceme ben, por iso o escribín así. "Míralle os niveis, filtros e rexistros" débese dicir mirando para un hipotético operario en ton imperativo; "para que ande correcta esta muller" débese dicir baixando o ton e a cabeza e buscando unha certa complicidade cun sorriso.

Moita estilística no interruptus ese, quero dicirche, e ademais tamén está o rabo que me fai escribir raro ás veces. Confésome incapaz de dominalo.

Fermín disse...

Eu, vaime perdoar a expresión, sempre pensei que podían darlle por aló ós mestres de literatura. Así que fai ben, que lle dean ó R.R. Pero a min a frase sóame moi ben sen incisos con rabo.