Unha semana despois de estar pacientemente intentando enviar unha suxerencia ao Departamento de Atención ao Cliente de Carrefour leo en Vieiros que o xefe do establecemento do Carrefour da Avenida de Alfonso Molina na Coruña pide disculpas publicamente e vai recibir a representantes da Mesa para aclarar o asunto.
A miña suxerencia finalmente non puido ser enviada por moito que insistín. Lástima, estaba segura de que obrigaría a quen a lese a rir de medio lado e a recoñecer un certo inxenio mesmo nunha nativa galego falante, ou se cadra espertaría a súa secreta solidariedade e provocaría un revulsivo na súa conciencia de desertor, unha bágoa asomando... quen sabe? Vai quedar en misterio. Hoxe quero pensar que habería unha avalancha delas, todas moi convincentes, e que os Conselleiros de Caqrrefour-España decidiron sabiamente que os cartos dos nativos galegos valen o mesmo cós dos demais e mesmo recoñeceron unha tendencia, comprobada, nese sector da poboación a pagar ao contado, toc, toc.
Celebremos, pois, que se imos ao Carrefour con cartiños no peto, non nos dean paus por burros e, que, se cadra, aínda nos poidan dar unha fala en galego.

1 comentário:
Ás veces, a acumulación de casos fai que -co tempo- vaia un afacéndose a eles e xa non enfaden tanto como antes. Pois con este asunto, iso non me pasa. Pola contra, cada vez seméllame mais ridículo e violento...
Enviar um comentário