O principal rasgo do meu carácter?
Isto é como abrir unha porta e chocar cun espello... parezo dura pero rompo con facilidade.
A calidade que prefiro nun home?
A min gústanme os tipos simpáticos e intelixentes, coma ti, meu amor.
A calidade que desexo nunha muller?
As mulleres gústanme moitísimo, sempre que sexan intelixentes e simpáticas.
O que máis aprecio nos meus amigos?
Que me axuden a recompoñer as pezas cando me esboroo. Tampouco teñen que darme a razón, só axudar a poñerme no sitio.
O meu principal defecto?
A miña incapacidade para controlar as emocións: son unha chorona, que lle vou facer.
A miña ocupación preferida?
Encántame ese momento de paz e amor dos mimiños dos nenos antes de adormeceren, e cando están durmidos ler ou vir poñer un post.
O meu soño de dicha?
Ás veces, despois dos mimiños, penso: vou lembrar esta época como a mellor da miña vida cando vaia vella.
Cal sería a miña maior desgraza?
Non me recreo nese tipo de pensamentos, cando morre alguén que quero sinto a desgraza rondando e desexo mantela a raia, que ilusa!
Que quixera ser?
Ser eu co don da palabra e aínda por riba cantar ben.
Onde desexaría vivir?
Miña casiña, meu lar, cantas onciñas de ouro me vals!
A cor que prefiro?
Eu son de meu moi colorida, de pequena xogaba coa caixa dos fíos de cores de bordar da miña nai. Sempre souben como se facían as cores; se queredes pintar a
casa con cores non estándar, chamádeme que chegarei á vosa cor soñada coa miña arte com
binatoria.
A flor que prefiro?
Isto é coma o das cores, todas!, máis as ventureiras coma Castelao.
O paxaro que prefiro?
As laberquiñas cantan que é moito cantar e teñen un carapucho moi simpático.
Os meus autores preferidos en prosa?
Aquí é onde un ten que dar do de peito, supoño... a min gústame a literatura moi literatura, que me deixe espazo libre para imaxinar. Por iso, en xeral non me gustan os americanos, con notábeis excepcións...enfín non me quero liar vou dicir tres ou catro: Flaubert, Proust, Kafka, Lobo
Antunes e, por favor, por favor, se non penso noutra cousa...
Ferrín.
Os meus poetas preferidos?
Camõens, Rosalía, Cunqueiro, Ferrín e algún comparatista que outro...
Os meus heroes de ficción?
O abatido rei Artur, no paseo dos grandes fieitos beirado de dalias.
As miñas heroínas de ficción?
A meniña gaiteira de Rosalía.
Os meus compositores preferidos?
Beethoven e Amancio Prada.
Os meus pintores predilectos?
Isto tamén é coma o das cores.
Os meus heroes da vida real?
Os que non se deixan gañar polo desalento.
As miñas heroínas históricas?
Rosalía de Castro é a miña.
Os meus nomes favoritos?
Gústame o teu, mira ti por onde.
Que detesto máis que nada?
os que sempre se andan queixando e non fan nada por mellorar.
Que caracteres históricos desprezo máis?
Os abusos de poder en xeral parécenme deprezábeis.
Que feito militar admiro máis?
A comida de rancho e a maxia de onde comen 100 comen 200.
Que reforma admiro máis?
as que serven para repartir a riqueza.
Que dons naturais quixeras ter?
Co que teño voume apañando, a verdade.
Como me gustaría morrer?
Sen dor, claro, e con sentidiño.
Estado presente do meu espírito?
Agora mesmo síntome con moita ilusión co que estou facendo e o que teño na cabeza.
Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Errar é propio do ser humano e cando o burro vai aló, xo burro xo!
O meu lema?
Morrendo e aprendendo.
18 comentários:
Comparatista?
Así se fan chamar: visite o blog de Fravernero, Trasalba, para o que ofrezo un enlace na miña cabeceira. O seu último post reproduce un exemplo deste grupiño que aínda ha dar moito que falar. Eu xa estou afiando as uñas!
O que pasa non é que che gusten os poetas comparatistas, que tamén, senon que os poetas comparatistas (v.gr.: je suis comme je suis) non permitirían que outro vento que non fose o do suroeste pasase as súas follas...
Allez, venez, milord...
Pero bueno, case podes pasar as follas coas extremidades inferiores e me aforras as unllas.
Pasar as follas coas extremidades inferiores? Pensa vostede que a Suroeste é unha contorsionista?
Que emoção foi para mim ver Lobo Antunes entre os escritores preferidos!! Para lá do grande escritor, está o ser humano generoso, alguns dizem-no mal-humorado (ninguém pode andar sempre a sorrir, não é?!)...
Nunca seria o teu herói, cada vez me desiludo mais e desisto muitas vezes...
Gostei muito de ler este post, o Galego é muito agradável de se ler.
Cumprimentos.
Astuto dubitativo no curuto do andamio, que perigo.
Fariache unha cor verdadeiramente ilusionante, que esvarase lixeira pola fachada do edificio como dicíndoche: "hai que seguir adiante".
Nada que opoñer (sería estúpido pola miña parte), pero si que confeso unha certa tristeza (decepción) ó non ver aí escrito o nome do meu tan querido Bohumil. En fin, cada parroquia ten o seu patrón (OU A SÚA PATRONA/MATRONA).
Falaste no andaime e em "seguir adiante" e fizeste-me lembrar uma gafe de um prodígio do futebol português: "Estamos à beira do abismo mas vamos dar um passo adiante."
Hai que seguir adiante!
Seguir pintando, Astuto, seguir pintando.
Muller de cristal, licenciada vidriera... rachas con facilidade?
Gustoume ver que te sumas á moda dos cuestionarios, polo que podemos coñecerche mellor. Agora sabemos lo, se non o intuíamos, que es moi sensíbel ás emocións (tsk, tsk... que patriarcal, Sul!. Eu que pensaba que non eras das que cantaban os toxos e as flores...). Polo demais, ledicia de concordarmos en moito, como era de supor; non no dos nenos, pero non teño e quizais mude de pareceres cos anos. Agardo que o de morrendo o deixes para dentro de moitos anos ou só para aspectos periclitados do teu ser (de crisálida a bolboreta en cinzas desatada)...
Son unha realidade unha e mil veces fragmentada, camarada Vernero, mais de pequeniña recibín un don da miña madriña: sempre sería quen de volver pegar os cachos con cuspe e, polo tanto, son practicamente invencíbel. Só unha pequena parte de min é, digamos que...non dixen nada.
Pois si, Rosalía e Flaubert acábanseme de revelar coma absolutamente kafkianos.
Su, es unha narcisista do carallo. A min o único que me gusta da intelixencia dun home son as alegrías que esta me proporciona e estas son o momento do día que máis recordo. Bicos.
E por certo, son unhas alegrías incomparábeis.
Musgallo, querida, o mundo ten a súa propia lóxica máis alá do teu embigo. Eu iso xa o descubrín, claro que é porque son máis vella, non necesariamente porque sexa menos narcisista.
Pois vou seguindo e pintando!
Suroeste:
Sabes onde vai ser a próxima aparição da Senhora de Fátima? Não percas a entrevista!
http://homemmau.blogspot.com/2007/06/grande-entrevista-senhora-de-ftima.html#links
Cumprimentos.
Un favor, Suroeste, non poderías colgar outro post (calquera cousiña)? E que cando entro para ver se hai comentarios novos sempre remato vendo o careto de Rajoy e eu ando cos meus nervios moi xustiños, non estou para sustos. Grazas.
acúsache con razón uncle Joe, suroesteira... adícanos algo do teu tempo e renova algo a bitácora, muller...
Ai ho, que ando moi atrafeghada con papeleos e doncumentaciós, pero eu aos meus incondicionais non lles podo negar nada. aí vai...
Enviar um comentário