Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, maio 25, 2007

Agora que acaba, vou entrar en campaña


Mariano Rajoy, o noso paisano, definiuse o outro día como "un señor de provincias educado".
Se o doutor Freud, que en paz descanse, o deitara no diván e lle dera a fumar unha substancia relaxante non había quedar mellor retratado. Moi ben, Mariano,
sen complexos, como dicía o patrón Aznar.
Don Mariano, dos Rajoy e dos Brey de toda a vida, con avó republicano e autonomista, vese a si mesmo desde fóra, cos ollos do amo madrileño e fica deste xeito alleado e aqueloutrado. El non é galego,
qu´est-que ce être galego?, el é un señor, de provincias. El non fala galego, faltaba massss, el é educado. Só lle falta ter de chacha a Gracita Morales, señoritoooo!!!, e que lle dean a alternativa nas Ventas.
Unha cousa me pregunto, e poida que dúas ou tres, e ao facelo ourízanseme os peliños todos: tamén a este o xubilará o partido
en la tierriña cando fracase na corte dos milagres? Acabará apuntándose a un curso de galego en 10 días coma Touriño? Realmente temos o que merecemos ou podía ser peor?

6 comentários:

Anónimo disse...

Querida Suroeste, eu sempre comezo polo final e vou dicir que si, que sempre pode ser peor (aínda que pareza incrible). A partir desa resposta, seguramente será así, profecía doada, sempre e cando nas próximas xerais non sexa elexido inquilino da Moncloa, cousa que eu considero moi probable.
Pero se intentamos ser positivos, eu creo que ten un certo morbo agardar a pola conversión lingüística de Mr. Rajoy e poder oirlle dicir co seu natural don oratorio unha frase completa en galego.

SurOeste disse...

O seu natural don oratorio decimonónico e cañí propio de "Agua, azucarillos y aguardiente".
Xa soño co chotis ben apretadiño que vai botar con Feijoo o día do "regreso triunfal" ao pazo homónimo.

SurOeste disse...

Por certo, Tio Pepin, o seu comentario ten unha sutil ambigüidade que me encantou. Aínda a estou remoendo.

Anónimo disse...

Suroeste, xa sabes que anbigüidade c'est moi.

SurOeste disse...

Ah, pois non sabía, só tiña rexistrado a súa coreñidade, subtil, iso si.

FraVernero disse...

Ben, non se podía agardar outra cousa deste elemento, alén de que polos nosos pecados e o desexo dos españolisteiros, chegue a presidente do estado. Xa se verá se é quen de rematar con Zapatero (dubidoo moito, xa que non é unha gran inspiración coa que desmontar ao gran paladín da esquerda europea posmoderna...).

A anécdota de Raxoi era aquela frase-chiste que lle adicaban antes de que eu nacera (ou cando era un ananiño) e que era unha cousa así:

'Hola, soy Rajoy, y vengo a Raxoi a una junta de la Xunta'

cousas veredes, Sancho...