Número total de visualizações de página

terça-feira, maio 15, 2007

Visións


Traxedia(s) ou da inutilidade dos poetas

Eu son Nastagio degli Onesti camiñando entre os pinos

[supoñamos o pinar da praia de Cabanas, próxima a ponte, próxima -supoñamos- Florencia]

Ela corre desesperadamente, o único xesto posible.

O branco cabalo...

O branco cabalo nada sabe do xinete de bronce e de espada.

E os cans, os grandes cans que se avalanzan.

As cousas acontecen coa súa inapropiada velocidade e Nastagio degli Onesti -que son eu- nada pode.

¿Que valor ten a palabra do poeta?

Non hai palabra nin poema que reteña o asustado corazón no peito

Da fermosa víctima. Os cans devoran sen reparos.

Eu son Xosé Luís Mosquera e levo a culpa incrustada na mirada

E sinto a espada vermella queimando as miñas mans macabras

E lembro entón que un día nun forno estalarán de súpeto os meus ollos

E serei novamente Nastagio degli Onesti no pinar de Cabanas

Asistindo impasible á comisión dunha atroz carnicería.

Entón eu son o oco no peito da doncela

Eu son o corazón desfeito pola rabia

Eu son o can que roe con máis fame

Eu son o cabaleiro (?) que cubre de metal a súa sombra.

As cousas acontecen coa súa inapropiada lentitude

[A aparición inexplicable dun recordo e o big-bang do poema]

Lémbrome entón (eu, Nastagio degli Onesti, ou eu, Xosé Luís Mosquera) do pouco que aínda podo seguir mantendo vivo ou, probablemente, de tanta e tanta ausencia.

O Arno baixa manso dende as Fragas para bater coa ponte antes de darse ó mar no Golfo Ártabro.

Na praia de Cabanas uns cans comen o corazón dunha muller fermosa ante a mirada impotente (?) do poeta.

Entón, agora, sempre... Os meus ollos de fume e a tarde. A morte. Florencia. O río Eume coa súa inapropiada velocidade. Coa súa inapropiada lentitude.

X.L. Mosquera Camba (inédito)

5 comentários:

Iseo la Blonde disse...

Invano

Mi armai anch'io.
Anch'io
mi unii alla "generale Caccia".

Battei accanitamente,
a palmo a palmo, la rete
fitta dei campi -l'intrico
della macchia.

La sete
mi attanagliava.

La faccia
l'avevo in fiamme.

Dovunque,
col cuore che mi scoppiava,
non scorsi la più piccola traccia.

(Giorgio Caproni, Il conte di Kevenhüler)


CODA.

Invano
cercare l'impossibile,
la qual cosa
n'aveva niente d'intima
gioia.

Invano, cacciatore, il cercare...

e però
il piacer d'il cercare...

l'impossibile.

(Anónimo do séc. XXI)

Ana Bande disse...

Grande Botticelli aínda máis Boccaccio y casi tan grande XLMosquera, precioso.

SurOeste disse...

Convócovos a que deixedes aquí as vosas visións.

Sir Gawain disse...

"It better work out/I hope it works out my way/cause its getting kind of quiet in my citys head/Takes a teen age riot to get me out of bed right now"

(Kim & Thurston)

con Xosé Luís cantaremos sempre este e outros himnos destructivos da nostalxia ata que a memoria e so a memoria nos deixe queimar o pinar de Cabanas...

Anónimo disse...

carallete!! sodes todos uns políglotas do copón.
Aquí vai o meu poema:

Ehgasçoiuerkçhi jhg
rerernijhqweiou feu oehsdb
kjajrte
sope njsatata asdiet kdo
oemd ksn ryoifetp skefuo
spoih
poooo
wuauuu
xx