Eu nacín, coma quen di na estrada. Sorte que a miña nai era primípara e deille que facer. Pola estrada do meu lugar pasaban moitos coches con obreiros e moitos camións con mercancías perigosas para alimentar a Gran Máquina. Ao principio era un tabú: prohibido achegarse se non era da man dun adulto, logo sen man, logo mirando moi concentrados arriba e abaixo, abaixo e arriba e, por fin, dominada. Xa non facía falta a cancela e cando rompeu, non se repuxo. Vou e veño. Un paseo pola estrada ata a fonte era un reclamo para os outros nenos e unha ocasión para xogar. Á noitiña ir buscar auga, que vimos sequiños, nena. Na sesta, lavar uns tenis e mollar os brazos e as pernas e o pelo, que gustazo, a fonte é toda dos nenos.
A estrada, aínda que nada máis sexa para mirar quen pasa por ela, é un gran medio de comunicación: os carros, ese rapaz tan guapo repartindo o leite co burro, as parellas de mozos o domingo. Os desfiles do domingo son mellores seguindo os comentarios da tía Josefa, se non resultan un pouco tristes, os demais non vemos nin a mitade do que ve ela. Como habiamos ver ¡un xugho! neses dous mozos que se entrelazan polos ombreiros moi cariñosos?
Vivir ao lado da estrada foise facendo cada vez máis pesado, máis e máis coches, máis e máis camións día e noite, obras de ampliación, máquinas, ruído, máis mercancías perigosas…Antes seique a xente da beira da estrada era máis lista, quérese dicir menos atrasada, sería que tiña todas as fiestras abertas ao mundo. Secadra foi polo que decidín abrir esta fiestra á estrada que vai e vén incesante desde todas as encruceladas do mundo, se facer ruído sequera.
A estrada, aínda que nada máis sexa para mirar quen pasa por ela, é un gran medio de comunicación: os carros, ese rapaz tan guapo repartindo o leite co burro, as parellas de mozos o domingo. Os desfiles do domingo son mellores seguindo os comentarios da tía Josefa, se non resultan un pouco tristes, os demais non vemos nin a mitade do que ve ela. Como habiamos ver ¡un xugho! neses dous mozos que se entrelazan polos ombreiros moi cariñosos?
Vivir ao lado da estrada foise facendo cada vez máis pesado, máis e máis coches, máis e máis camións día e noite, obras de ampliación, máquinas, ruído, máis mercancías perigosas…Antes seique a xente da beira da estrada era máis lista, quérese dicir menos atrasada, sería que tiña todas as fiestras abertas ao mundo. Secadra foi polo que decidín abrir esta fiestra á estrada que vai e vén incesante desde todas as encruceladas do mundo, se facer ruído sequera.
13 comentários:
Ideal de ventá (vello testamento)no que todos os camiños levaban a Roma.
Nómada (unha estrada) ou sedentario (unha ventá):
o sedentario ten sede de camiños e o nómada é unha esquizofrenia (escapa de sí mesmo e persíguese á vez): toda estrada é un Fellini e, por suposto, todo Fellini é un Amarcord.
Miña Ferrín(a), a vida é unha road-movie e a morte unha highway to hell (ou viceversa, quen sabe?).
p.s.: Bohumil, mon amour, defenestrado (de ventás haberá que falar aínda moito).
Eu semella que desaparecín no naufraxio, pero hei volver. Menos mal que esta estrada me permite asomarme ao mundo en xeral e sobre todo, ao teu mundo. Un dos que sei que terei ganas de visitar.
Grazas por deixarme asomar!
Pasar e ver pasar, exactamente, Tío Pepin, in itinere, morrendo e aprendendo, que dicía o outro.
Anónima náufragha sen papeis, colle aí esa manta que che vou facendo un café.
Bonito texto. Pois também eu vivo junto da estrada (serei evoluído? No credo!).
Quando era pequeno, sentava-me com o meu avô na beira da estrada durante os meses de Verão a contar os caros de matrícula estrangeira!
A estrada liga-nos ao mundo, assim como, a auto-estrada que é a net!
Saúdos.
tamén aquí as estradas mudaron moito... tanto. E nós con elas. Gustoume este percorrido pola túa estrada, gustoume ir ao comezo da man e logo ir adiantando soiña. Grazas polo paseo!
Estradas... mil fíos de cores os veas de sangue percorrendo un corpo inmapeábel, como é o da realidade...
Os camiños máis curtos nunca son os das liña recta no reino deste mundo. Iso lémbrame o ridículo trazado con regra que fixo un tsar ruso para o ferrocarril. O resultado ficou incompleto, alén de representar o meirande gasto por metro de vía de toda a historia...
Erguemos altares bas encrucilladas, como facían os nosos antergos. E unha delas fica eiquí...
Cada un dos vosos blogs e dos vosos é unha encrucelada que me leva por camiños que nunca imaxinei e que xa vou imaxinando.
Qué vella debes ser,Su! Ou que atrasadiños estades por aí (supoño que Terra de Soneira),ja,ja! co cal se o resto imos 100 anos por detrás de España e España, 50(disque)detrás da pretendida Europa,a vós haivos que incrementar uns 50 máis, co cal son 200. Aínda vos habedes independizar involuntariamente ao vos desgaxar a Unión da súa bandeira de estreliñas! Mira que repartir o leite en burro. Meu pai recorda o último burro, Pilatos, que morreu hai xa 40 anos pero que nunca repartiu leite, nin ás burras, dado que el foi o último da especie.
Por certo, había unha serie na Galega,"As leis de Celavella", que se ambientaba na Terra de Soneira, non? Ía caer na tentación de dicir que aí si saían burros, pero a serie gustábame.
Musgallo.
A miña terra é a punta de lanza tecnolóxica de Galicia.
O meu avó tiña arado de ferro, carro de eixo fixo, gando seleccionado, maínzo híbrido, silo, burro por suposto (non tiña que cargar ao lombo)...e estouche falando dos anos 50. A estrada da que che falo fíxose a finais do século XIX (a miña bisavoa xa non se lembraba a facela). Todas as reliquias tecnolóxicas do meu avó téñoas no curral e non sei moi ben que facer con elas, pero son a proba de que en Galicia, en moitas pequenas explotacións e con moi poucos recursos, estábase levando a cabo unha revolución silenciosa que sucesivas políticas agrarias despreciaron e agora o agro está como está, en total e vergonzoso abandono.
Si. Parece Cuba pero sen comuna.
DE cuba viñeron cartos para facer escolas e algo tiveron que ver, tamén.
Gosto muito deste teu conto de estradas.
Enviar um comentário