Número total de visualizações de página

sexta-feira, maio 11, 2007

Primavera


Mentres a Isabela e a Fravernero a primavera o sangue lles altera -e de que maneira- e Torredebabel decide sentarnos no diván para nos facer unha psicoanálise, como boa galego-arxentina que é, eu opto por deixala correr debuxando relanzos de verdor neste recantiño sosegado.

4 comentários:

astuto disse...

Depois das histórias de estradas e caminhos, surge, no meio de uma paisagem primaveril explêndida, uma outra via de comunicação de sempre: o rio.

Continuação de boas postagens.

Isabela disse...

Hoje está o dia sombrio, e com dias sombrios passa-me logo a alteração primaveril: já estou normal. Beijos, meu amor.

SurOeste disse...

Muac, murrrumuac!!

FraVernero disse...

Non dou aberto a entrada de Isabela, terei que pescudala a miúdo na súa bitácora...

De certo que estamos con raros cambios de tempo (será o cambio climático). Sabíamos que Abril era o mes máis cruel, misturando memoria e desexo, mais agora transladarémolo ao Maio florido. Os corpos conxelados no inverno (winter kept us warm) son como emocións que se avivan e quencen (mala cousa: a min sempre me deron malos resultados), ou máis preciso, como os cadávares da Leningrado sitiada que, co desxelo primaveral, extendían a peste e a podremia.

Abonda, o. Disfruta dunha estación que nunca me resultou grata porque me molestan as medias tintas (ou frío ou calor!).