Número total de visualizações de páginas

sábado, janeiro 02, 2010

Rober Varela, a parodia do dandy

Foto de tele5 dispoñible en google imaxes

Tiven un soño:
"O decadente melómano de Morte en Venecia paseando por Santiago nunha góndola con rodas, alguén entre a multitude de pasmados pelingrís ponse a berrar, "Rober, Roberrr!!!!!", e el mira sen sorpresa e responde, "c´est moi!".
Ti: Seguro que pon un tren chu chu deses con forma de góndola para o Xacobeo e contrata uns gondolieri para que puxen Franco arriba e Franco abaixo do Obradoiro á Porta Faxeira.
Eu: A min contáronme que ía montar os Nibelungos na Quintana con Corina Porro de Walquiria.
Ti: De extra ou cantando?
Eu: Cantando. Ten a ta 3º de solfexo aprobado no conservatorio. Ti que pensas? Aforran as dietas, que ela ten onde quedar en Santiago. Á crise hai que facerlle fronte con pequenos xestos.

Ti: Eu tamén tiven un soño....

"Rober Varela introducindo chourizas de contrabando en EUA e coméndoas nun banco de Central Park mentres le as esquelas do LVG. Cando acaba lustra os zapatos coas páxinas de contactos".
Eu: Exportando cultura?
Ti: Poida que si... non se me ocurrira!
Eu: E se as góndolas van provistas dun pipotiño de viño e dunha grella para asar os chourizos?
Ti: Chourizos ou chourizas?
Eu: Mmmmm... poñeríamos góndolas de chourizos e góndolas de chourizas. Iso si, todas con cadanseu exemplar de LVG e un especial Xacobeo cos manifestos vangardistas de Santiago Rey.
Ti: Xenial! Vai ser un éxito.
Eu:
"E logo din que a cultura galega non vale para nada"

8 comentários:

mar de Lempicka disse...

Aplauso. A palabra cultura mudou tanto de significado. Digamos que agora é versátil porque nas concellerías e consellerías de Cultura sempre poñen ás/ós máis indicad@s.

SurOeste disse...

Varela encarna o que Feijoo entende por cosmopolitismo. Seguiremos reflexionando sobre o tema.

Chousa da Alcandra disse...

Lección maxistral de metáforas.
O de lustrar os zapatos coa sección de contactos de LVG é unha idea xenial para aforrar en cuspe!

Er Cosmopolitan (tanto da revista coma do coktell) disse...

Son a representación do cosmopolitismo pailán con fondas raíces na ignorancia (Canta razón ten Margarita Ledo Andión). Só hai que ver as declaracións do imperfecto despois de que a Orquestra Sinfónica de Galicia tocase no Musikverein de Viena

SurOeste disse...

Que dixo? A ver se aproveitamos algo para o próximo post.

Er Cosmopolitan (tanto da revista coma do coktell) disse...

Velaí vai a ligazón: http://www.xornal.com/artigo/2009/12/21/cultura/fabula-do-conselleiro-metafora/2009122100335100259.html

Er Cosmopolitan (tanto da revista coma do coktell) disse...

Ora ben, isto non vai en detrimento do impecable traballo de Victor Pablo. Todo o contrario. O que me escamotea de todo isto é o espazo público que fagocitan e intoxican este tipo de xentalla.

Para seguir coa cuestión da música (creo que tamén é aplicable a outro eido da produción cultural). A min dende hai moito tempo sempre quedaba escaldado cando defendía unha evolución normal e sostible do que era a etiqueta de "música galega". É dicir: fóra esencialismos e demais estrambotes do tipo "isto foi sempre así". O máis curioso é que selos discográficos como Falcatruada ou a tenda "A Trastenda" son un bo exemplo da non-folclorización dos produtos culturais, ou a matraca da identidade, nación, etc.

E agora que? Dunha forma superficial as propostas do noso conselleiro-dandy sonche semellantes. Non se trata de algo contraditorio. As grandes diferenzas é que as "propostas" que destilan do noso cabaleiro-dandy-burgués decimonónico é a identificación de cultura con elite. Para el é "universal" Granados ou Falla, pero non Rodeiro ou Enrique Macías, por poñer exemplos.

En definitiva: a música clásica ou o jazz poden ser "música galega"? A miña resposta é que si, pero nestas condicións, é recomendable abrir estes debates posnacionais?

Er Cosmopolitan (tanto da revista coma do coktell) disse...

Seguindo co noso Dorian Grey neoiorquino: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/01/05/0003_8208038.htm