Número total de visualizações de página

sexta-feira, janeiro 01, 2010

Aninovo



Como non saín, nin bebín, nin farreei a noite pasada e como non lle desexei bo ano a case ninguén, aproveito que me erguín fresca e me apeteceu poñer o meu vestido máis bonito e bailar para felicitarvos o 2010.

9 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Pois quedou fantástico todo. Que non beberas e que te levantaras fresquiña e o vestido bonito e tamén esa magnífica felicitación para o ano 10.
(Dende logo hai que ver que fermosura o teu primeiro post e que tolemia escatolóxica o meu. Pero no medio dos dous seguro que haberá de todo. Que pasen e que vexan pois)

Un bico dende a Chousa

SurOeste disse...

A túa entrada no novo ano non pode ser máis explícita, desde logo, supoño que as metáforas deixaralas para máis adiante...
O das vacas pacendo e sorteando bostas encantoume.

legnaresa disse...

pola contra eu sí saín e debo de seguir aínda un pouco prexudicada pois a vexo un tanto borrosa. Que teña un bo ano.

SurOeste disse...

Señora Legnaresa, non sabe vostede o traballiño que me custou darlle o toque neboento á fotografía, tiven que aplicar toda a nubosidade que tiña na reserva. Un bico e os meus desexos para unha inmediata recuperación do dos excesos de onte.

Ana Bande disse...

a noite soa a saxo e tabaco, e en resacas como a de hoxe tiña que estar na rúa 42 onde os polis contan chistes sobre algún puticlub de Seattle, menos mal que teño sempre a TW moi, moi a man, e como é o que estou disfrutando agora, pois quería compartilo contigo.

Ana Bande disse...

vaia, creo que non vai a lizazón, pois é esta:
http://www.youtube.com/watch?v=iW7VfOw0pd4
Small Change, T.W.

SurOeste disse...

Estades de caldiño limpo, gafas de sol e mantiña no sofá. Eu coidaríavos, pero teño que bailar descalza.

Aníbal Léctor disse...

Baile, baile, dona SurOeste, baile todo o que queira e máis, que seguro que o fai moi ben. Por nós que non quede. A alegría é o que imoporta. Bo ano tamén para vostede.

Xis disse...

Volvo co ano ao teu diario, e coma sempre fico encantado. As veces, non se precisan máis palabras.

un millón de primaveras para este 2010, e saúde saúde saúde.


xm pacho