Número total de visualizações de página

sexta-feira, janeiro 22, 2010

Enguedello

Foto de Xebe d´Afrei

Gañarían as eleccións, quen o dubida?, pero iso non quita que sexan torpes. Por riba do que cada un pense acerca do tema da normalización, é unha torpeza darlle categoría de oficialidade ao inglés e outra torpeza non menor meter aos pais nos colexios a decidir sobre o curriculum cada catro anos (alguén me pode explicar por que non cada curso?).
E ese rapaz, o Anxo Lorenzo, tan listo tan listo que ía para catedrático e acabou de secreatario xeral, non tardou nin dous meses en falarnos de "maiorías silenciosas". Un profesor da universidade galega falando todo cheo de razón da "maioría silenciosa". Debería informarse de onde vén tal expresión, de onde a sacaron os seus actuais amigos, como fai hoxe Manuel Rivas en EL PAÍS. Pero non o fixo, xa se lle pegou a empanada ideolóxica da FAES, xa tanto ten.
Cheira a franquismo e a salazarismo e a fascismo á italiana, cheira a autoritarismo latinoide, que noxo, que falta de cultura. Para facer o que fixo el valía calquera, un tonton macute anónimo, un que soubera cortar e pegotear, un que non tivera falta ningunha de pensar.

Por que acaban gobernándonos sempre os máis mediocres? Sería bon pensarmos seriamente nisto.

6 comentários:

Anónimo disse...

O mellor é que Lorenzo deféndese nas entrevistas cun "eu non son político, son sociolingüista"...

Virou tan parvo que non se decata de que debería dicir o contrario?

SurOeste disse...

En tal caso debería aclarar: "A miña arte sociolingüística valeume para estar aquí, mais eu non estou aquí para aplicar o que a arte sociolingüística me aprendeu, senón para lexitimar a política desta xente que me contratou, que me paga ben, as cousas como son: era profesor e agora son secretario xeral.
A min contratáronme e eu firmo o que me poñen diante se non... acabouse o contrato. Está claro, non? Quero dicir que non estou aquí nin para pensar nin para buscar solucións. As decisións estaban tomadas antes de eu chegar, eu só poño a cara e repito consignas. E que conste que podería cantar as contrarias, pero non me contrataron. Mágoa.
That´s the question!
Alea iacta est!
Polo pan baila o can!
Etc.

Anónimo disse...

Yes, this Lorenzo business is shameful, really, changing jackets just like that. Like anything.
Who said fear? As you say, for the bread dances the dog. Or not? Yes it does. My saying, my deed. It is for you what there is. And then not?
Beizón.

SurOeste disse...

Encantoume o de "changing jackets".

Aníbal Léctor disse...

Como se di en inglés "ambición desmedida"?

SurOeste disse...

unmesurable ambition? jajajaja