Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, novembro 26, 2009

Vostedes desculparán...


... este lapsus de entradas, pero estou pelexándome co mundo e non dou feito. En que vai dar isto? Non o sei e se cadra é o de menos; o importante é non renderse antes de presentar batalla. Despois de todo, pouca xente se decata do difícil que é, ás veces, pisar unha formiguiña.

17 comentários:

Zeltia disse...

bastante encriptado o que dís,
pero seguro que desearche sorte, co que sexa,
non che ha facer dano,
sorte coa formiga, logho

SurOeste disse...

Grazas, grazas, non podo ser máis explícita de momento, pero todo ha ir saíndo á luz, prométovolo, porque verdadeiramente é un caso daqueles "pasoume a min" que cómpre advertir á xente de boa vontade.

Artemio Lándoas disse...

"A formiga c'est moi", Zeltia. Pero non eu, este que escribe. Canto á foto, lémbrame un dato certo: cada vez que en House enfocan en primeiro esa anatomía da directora médica do hospital está a punto de ocorrer algo moi serio.

SurOeste disse...

Mmmmm, don Artemio demostra unha vez máis a eficacia da ciencia hermenéutica para entender algo neste mundo. A formiguiña toma nota e intentará aproveitarse da mesma metodoloxía para burlar as "botas de elástico".

E eu que nunca vin House... vou ter que comprar unha TV a prazos!

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Estase poñendo esto moi interesante. O suspense está ben, pero tanto tanto...

Fermín disse...

Formiguiña si... Teño que mandarlle unha foto da cunca chea de lápices que teño no escritorio.

Tocante ó da anatomía en House, é certo. de feito ás veces ese momento xa é algo serio.

Anónimo disse...

Coraggio!! Ánimo!! Ou á galega, aguantar, aguantar, aguantar ... (de manuel maría)

Aníbal Léctor disse...

Desculpada queda. Arranxe todo para ben e non esqueza a estes seus seguidores, dona SurOeste.

SurOeste disse...

Bueno, bueno, bueno... xa o teño todo un pouco máis claro: estou XXXida, pero vexo máis claro. Vós cada vez máis escuro, seino, seino. Aborrezo os misterios, pero teño que ser discreta nesta ocasión. Agora si, todo o que aprenda nesta nova aventura poñereino a disposición da cidadanía en pequenas doses a través deste blog. Mentres deixádeme gardar o rabo, non vaia ser que mo pisen.

Prometido

r.r. disse...

Pois conte!

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
SurOeste disse...

Estimados seguidores

Como vostedes poden comprobar polo comentario anterior, teño un problema. Todo arrinca dunha polémica que xurdiu no facebook sobre o tema do aborto no que eu expresei e argumentei a miña opinión. A dona do muro onde se produciu o debate debe gardar copia de todo.
O facebook xa é historia para min, hai meses que non entro, pero deixoume unha incómoda herdanza: un tipo que, a falta de razóns e de capacidade para argumentalas nun discurso dixeríbel, dedícase a acosarme neste blog dun xeito covarde e impertinente.

Pois ben, os que estiveron dalgunha maneira implicados naquel debate (hai xa 2 meses!!!) saben de quen se trata e eu estou disposta a dar publicamente o nome e apelidos se insiste nesta vil persecución que emprendeu comigo.

Ana Bande disse...

Bueno, Suroeste, estes son os riscos das redes sociais, sinto que cheguen ata aquí os mefíticos vapores dos vertedoiros da impotencia, pero é así, o sistema protexe á covardía, aos sen nome, eu gusto igualmente disto, é un xeito de ver o que temos baixo os pes. Á súa bola nena, que ti coces noutros fornos.

Ana Bande disse...

e borre ese post, amiga Suroeste, faganos o favor...

SurOeste disse...

XA está: lixo fóra. Era un vídeo antiabortista, non sei se para molestarme ou convencerme do mal que lles funcionan os miolos a algúns. En todo caso, ao covarde anónimo dos nomes de paxaros xa lle suxerín que fose dar unha volta por aí adiante que aquí non era ben recibido. Non debe ter cousa mellor que facer.

Zeltia disse...

xa che lin por aí o teu "secuestro" do facebook, e agora vexo estoutro tamén.
-
os da liga antiabortista xa podían adicarse a salvar nenos dos que están vivos e morren coa fame e as enfermidades! ou mesmo adicar toda esa enerxía a cambiar o sistema que leva a que esas desigualdades se produzan!

SurOeste disse...

Si, Zeltia, estou de acordo, pero xa sabes que no fondo da cuestión está o control do corpo das mulleres, o que sexa dos nenos mal alimentados, enfermos ou abandonados xa non interesa tanto.