Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, abril 02, 2009

Oración para nenos ateos


As oracións son estratexias moi útiles para conxurar a dor, o medo, a ansiedade... sobre todo para quen non ten outros recursos.
Para axudarlles a superar aos meus nenos eses momentos en que as emocións prenden con forza, facíamos un xogo que consistía en ir recitando eu as primeiras sílabas do arsenal de remedios que tiñamos para doenzas infantís e eles, entre saloucos, remataban a faena:

Avena.....mit!
Apire.......tal!
Drosi.......nula!
Rino.......mer!

Polo medio da "retahila" ían tomando mansamente os remedios, ían gañando seguridade e sentíanse, efectivamente moi reconfortados.

Xa estás mellor?
siii

Lástima ter a absoluta certeza de que tamén isto é un conto!

1 comentário:

Anónimo disse...

Pulmi...cort
Dal...si