Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, abril 08, 2009

feisbú, feisbú


-Non me explico como unha persoa seria coma ti...
-Pode estar nun sitio coma este?
-Pois máis ou menos.
-Non son a única, tamén está X e Y, e tamén Z, que, francamente sería a última persoa que soñaría atopar alí e o outro día case enfuciñamos.
-Desde logo é un fenómono digno de estudo: ti, X, Y e Z no lavadoiro horas e horas de rexouba.
-Tes razón! e non sempre feliz e despreocupada rexouba...
-Ides acabar tirándovos dos pelos e quitándovos os ollos.
-Non esaxeremos! é un medio novo que se cadra estamos usando con certa inocencia, pero isto logo se autorregula.
-Con inocencia e inconsciencia, como apareza por aí un "Gran Hermano" un pouco perverso, vaivos poñer a bailar.
-Ti cres?
-Home... o medio préstase.
-Laleche!
-Se cadra xa hai.
-Avemariaporisima!!
-Teste que desenganchar.
-Teño, e volvo ao século XIX? Necesito conexión co mundo exterior.
-Tes o blog.
-E non ben sendo o mesma música?
-Non me compares: un blog é máis serio, é un pulso continuo contigo mesma acerca do que es capaz de pensar, crear, sentir... é unha proposta que ti decides compartir facéndoa pública.
-O blog esíxeme moito, iso é certo. Entro nel con outra mentalidade. É como abrir unha tenda e defender a mercancía.
-Aí estamos: ti tes o control.
-Absolutamente.

2 comentários:

Ana Bande disse...

- E...¿cantas veces na mesma conversa repites eso de "non llo digas a ninguén"?
- Boh...eu sen con quen me relaciono.
- E...¿cantas veces na mesma conversa traizoas a unx amigx?
- Eu nunca, seguro, teño claro que hai que ser superdiscretx.
- Xa, pero non todo o mundo xoga o mesmo, pódeste levar sorpresas desagradables.
- Non creo, vou a cara descuberta, non fago nada que non faría na vida real. Porén recoñezo certa perversidade neste trebello, si...ese contino surfear sen meter a cabeza.

(...)

Bicazo nena, imos facer hibridar estas dúas redes a ver que sae...jajajajaja.

lándoas disse...

Máis, máis...