Número total de visualizações de páginas

terça-feira, outubro 30, 2007

Eue...


Sempre preferín a épica da Asamblea á cativa eficacia do petit comité, malia que xa comprendín que as cociñas do sistema-de calquera sistema- estaban xustamente nos pequenos grupúsculos de longos tentáculos e a Asamblea non era máis que unha nostálxica posta en escena, perfectamente prescindíbel.

2 comentários:

Alberte Momán Noval disse...

concordo absolutamente contigo, tamén porque me atopo na situación, entre o fogo cruzado de varios deses grupúsculos. A asemblea é sempre vítima de estratexias mesquiñas.

FraVernero disse...

Ben, as asambleas son manipulábeis, sí, con certa doses de arte e enxeño... mais a crítica á democracia directa (que coma todo, ten defectos), qué alternativa nos deixa? Só a representativa? Esa sí que é sempre e sen excepción vítima de estratexias (e persoas) mesquiñas.

A Asamblea é moitas veces algo máis que unha nostálxica posta en escea (bon, quizais non 'moitas' veces. Os soviets de antes de Outubro, as asambleas de estudantes da LOU...). Por suposto, os politicastros pequenos tamén meten a man dentro disto, mais só dominan cando o movemento ficou morto e queda unha momia de asamblea e doutras cousas...