Xa sei por que o anuncio do Gadis ten tanto éxito: é hipermoderno, coma ti e coma min, coma a súa nai e o colega aquel que se felicitaba de que por fin nos vía, aos galegos, retratados tal como eramos "sen chorradas políticas".Efectivamente, a mensaxe, é unha coidadosa mistura de tópicos como o relativismo consustancial ao galego, a chuvia, a comida, as festas... é hedonista, relativista e frívolo ao mesmo tempo, xusto as cualidades coas que Lipovetsky define o ser hipermoderno.
E a morriña logo? Tamén, claro, pero polo ben que se vive en Galicia, calidade de vida que se di por aí, xa non é estar por estar, é estar coa barriga ben chea.
Lonxe, ben lonxe daqueles versos de Cabanillas, o poeta da saudade:
E a morriña logo? Tamén, claro, pero polo ben que se vive en Galicia, calidade de vida que se di por aí, xa non é estar por estar, é estar coa barriga ben chea.
Lonxe, ben lonxe daqueles versos de Cabanillas, o poeta da saudade:
Lévame, meu carro, leva
pola meiga terra nosa
que a miña alma saudosa
lonxe dela non se afai.
Lévame por onde se escoite
a fala doce e sentida,
antre bicos deprendida
no colo da miña nai.
Lonxe, máis lonxe dos esencialismos que se recollen, un por un e ordenadamente expostos, en Sempre en Galiza, a biblia do galeguismo.
Estache a cousa para biblias...
4 comentários:
Disculpade, a ligazón fíxome tururú. Perro vós xa sabedes: ides ao google tecoleades anuncio gadis e andando. Que si, que paga a pena tanta molestia...
penso que vai sendo maioría a idea de que o aviso sementa ledicia e rabia na mesma dose. Eu non son unha analista apropiada porque ao lonxe non sei medir cento por cento o impacto que xenera nos galegos territoriais. Na diáspora é lido doutra maneira, claro...
Enfocar un feito desde diferentes perspectivas é moi interesante. como se le na diáspora, Torre?
...e hipertensión, e hipertrofia, etc.
Esto da publicidade é un asunto que requeriría dun hipertratamento. Onte aparecía o ínclito Manolo Rivas publicitando a publicidade (metapublicidade) como novo ámbito de asombrosa irrupción para a preservación da identidade cultural galega (resumir é sempre subvertir, síntoo) e a min víñaseme á cabeza esa polémica italiana (global xa) sobre as imaxes de Toscani creads para Nolita cunha modelo anoréxica.
Non vaia ser que todo sexa simplemente eso, unha profunda e incorrexible perda de masa muscular: a presencia do esquelete (danza macabra).
Nunca me explico.
Bicos.
Enviar um comentário