Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, outubro 05, 2007

Traballiños pendentes



Todos os días vou á auga a esta fonte. Todos os días, mentres se enche o porrón, quedo mirando o frontispicio. O xugo e as frechas, 1958. Intenteino pola vía civilizada: moción ao pleno do concello (de maioría socialista ao tempo). Nada. Evasivas tipo "se estivo aí tanto tempo tamén pode estar outro tanto máis". Poida que sexa a hora da vía máis simple. Que tal manexará A.B. a mandarria? Ou será máis partidaria de pintar as frechas de rosa e o xugo de lila?
Acéptase calquera proposta creativa para unha intervención urxente.

6 comentários:

Ana Bande disse...

Eu paso de tunear, mañá mesmo se vai bo tempo collemos a marra e comezamos pola fonte, logo imos arrancar algunhas placas do antigo Ministerio da Vivenda e achegámonos ao Pazo de Meirás, o Val dos Caídos deixámolo para nadal que teremos máis tempo. Pero é que eu son moi bolchevique xa mo teñen dito, mellor presentade propostas máis light nos sexa que se nos enfade a Royal Famili por quitarlle protagonismo...

SurOeste disse...

Ben, xa temos unha idea a considerar.
Algo que obxectar desde o clube light?

FraVernero disse...

Nada de pintura rosa. Iso só cando se trata dunha peza difícil de suprimir. Neste caso, un martelo e unha peza de metal sinxelamente deixan a peza dun limpo limpo...

Anónimo disse...

O lóxico sería quitar toda a fonte e poñer unha máquina de Fanta, así os nenos poderían tomar froita. Miña nai crioume con Fanta e estou de moi bo ano.

vermella disse...

vou contar un segredo,fai anos cun grupo de amigos,cemento e pá, en man adicámonos ó arte libre,non quedou símbolo que non fose reconvertido,así que reciclaxe puro é a mellor técnica.
bicos e non preguntedes.

torredebabel disse...

se lle metes as cores da bandeira gay, se lle fas debuxos sexuais ou penduras alí unhas fotos de modelos que reproducen imaxens relixiosas pero sen todas as roupas que foron noticia non fai tanto, xa verás como os mesmos chegan con présa a quitarlle as pegadas da barbarie.