A denuncia que presentaron os descendentes do alcalde franquista Manuel Gutiérrez Torres contra o historiador Dionisio Pereira foi desestimada pola fiscalía, segundo leo en Vieiros, para quen as pescudas son lexítimas e non atentan contra a súa honra. Haberá que agardar polo que decide a xuíza, mais polo momento así están as cousas.
Desde aquí quero manifestar o meu apoio a todos estes historiadores valentes que foron quen de enfrontarse contra o muro de silencio e medo que se foi facendo durante os anos da ditadura e mais os que viñeron despois. Os vellos sabiano todo, viron cos seus propios ollos o que os papeis oficiais ocultaban ou contaban enganosamente, nun mundo perverso onde levar de paseo era fusilar. Non pode haber democracia sobre a humillación de tantos, con mortos en foxas comúns que moitos non queren desenterrar e historias tan reais que aínda doen que non queren ver publicadas.
Pasou, si, pero para que non volva pasar temos que saber.

5 comentários:
dende logo, merecen todo o noso respecto, alento, compaña e agradecemento.
Cando se fala deste tema sempre lembro á unha compañeira de carreira, Cuca Tovar, fumadora e comunista. Quixo facer a súa tese sobre este tema e negáronlle a consulta de moitos documentos. Pleiteou contra o concello de Ourense e ganou pero, contradiccións da vida, ou da morte, o seu expediente tamén xace enterrado tamén na foxa común do marxinado arquivo municipal de Ourense. Non pasa deste ano que faga unha viaxe por alí para recuperar a memoria de Cuca Tovar á que lle chegou tan tarde a sentencia e tan cedo a señora e negro. Esquecín moitas caras daqueles primeiros anos de universidade pero o sorriso de Cuca co seu pitillo fan que me emocione de máis. Apoio aos que verdadeiramente queren facer xustiza e non tanto aos aspirantes a investigadores de ocasión que só queren saír na foto...
A.B., non coñezo o "campo" dos investigadores de historia (nin de memoria histórica)e non sabería colocalos na posición que lles corresponde a cada un nin cales son as disposicións que os animan. Só coñezo o asunto polo que leo nos periódicos, en todo caso apoio calquera iniciativa seria para recuperar a memoria que quedou enterrada, mesmo nos escuros arquivos ourensáns.
Pois nada Suroeste, organizamos unha excursión cando lle veña ben e rescatamos ese expediente, de paso presentareille ao arquiveiro máis cabreado do mundo que a porá ao día no ancestral desprezo dos políticos pola memoria, agás que haxa comida como dios manda e publireportaxe na folla parroquial. Como di o "quelleiro", mañá é venres, louvemos ao señor.
Ben , Ana Bande, temos logo ese traballiño pendente, ao que se me permites teño que engadir outro do que darei cumprida información no post seguinte.
Enviar um comentário