Número total de visualizações de páginas

terça-feira, outubro 23, 2007

Admirada Lupe:



Eu tamén che quero escribir unha carta. Unha carta simple, porque te imaxino pouco amiga das reviravoltas retóricas e alérxica ás adulacións. Eu admírote. Tremín cando lin Fisteus era un mundo. Alucinei cando me prestaron Os teus dedos na miña braga con regra e hoxe, cando pasaba as follas de Protexta e atopei a túa Carta a Robert Walser, tiven a confirmación: tes todas as cordas para ser a Rosalía da Galicia de hoxe. A forza do becerro, a formación rigorosa e mesmo a inxenuidade para ver xusto o que hai que ver por baixo de tanta farafullada. Porque para chegar á verdade hai que ser tremendamente inxenua, tremendamente pura. E, como di un vello amigo meu, quen o queira ver que o vexa.

Vede o que escribiu Lupe para Robert Walser:

En Vida de poeta escribes "un discurso a un botón" e "un discurso a unha estufa". Eu escribín "unha carta a un supermercado". Envíocha con todo o meu amor, con toda a miña enerxía...
"Carta a un supermercado"
Querido supermercado Dia.
Gústame
facer a compra.
Comprar aceite,
compresas e iogures.
(...)
Non quero ser famosa como Ana Kiro.
Querido supermercado, es un lugar tan poético, tan íntimo...

"Cando ti me abrazas
non teño frío".

Querida Lupe, cando te leo non teño frío.

6 comentários:

Ana Bande disse...

Non lin nada de Lupe pero de mañá non pasa...

FraVernero disse...

?

O tempora, o mores...

SurOeste disse...

pois, querido Fra, a ti gústanche as polacas carcundias, a min Lupe poderosa. O mundo é marabillosamente diverso.

Alberte Momán Noval disse...

dende aquela 'pornografía' que sigo a Lupe, e agardo con impaciencia que saque iso que leva un ano a preparar.

Alberte Momán Noval disse...

moi señora miña,
o señor Momán, comunmente chamado Alberte, está encantado de coñecela, malia que o seu nome non teña, necesariamente, que dicirme nada. :-P
un saúdo

Isabela Figueiredo disse...

O primeiro livro que li da Lupe foi Os teus dedos nas minhas bragas...".
Apaixonei-me logo por ela. De todas as pessoas que escrevem no mundo. De todas, mesmo todas, a minha preferida é a Lupe. Faz-me chorar de alegria, de reencontro com a pureza que ainda resta em mim.E, sim, é verdade que é preciso ser muito pura e inocente para chegar à verdade. Ela chega.
No outro dia recebi uma carta da Lupe. Ela escreveu-me mesmo. Não é nenhuma metáfora. Fiquei tão emocionada. Amo a Lupe com ganas tão grandes.