Como o tío Pepin xa saiu escarmentado deste 'galiñeiro' un día, e a pesar de que a imaxe da para moitas palabras, unicamente vai felicitar a X.B. Arias pola fermosa foto e, por suposto, pola disposta modelo. Como diría Barthes, para min, o 'punctun' está na man, nesa man que transforma unha natureza morta nun corpo vivo.
Moi bo o texto de Camba, anque por algún motivo, cando tento velo, aparecen acompañándoo estraños signos e escritas.
Canto ao útero, eu prefiro deixalo onde está, anque supoño que era lugar quente e agradábel. Non cabería doutra volta na barriga da miña mae, polo que me terei que conformar cunha cama ben cómoda e un edredón que me cubra mentres respiro-durmo en posición fetal...
O doutor House tiña dúbidas morais con fetos a semana pasada, agora que me lembro...
É a primeira vez que entro no blog. Francamente quedei sorprendido. Sobre todo descubrindo novas facetas do fotógrafo (non sei se casual). De vez en cando xa farei unha parada por aquí. Noraboa.
Fravernero, é certo que é máis doado saír ca entrar, cousa imposíbel,de aí o misterio do antro materno durante tanto tempo. Lembro unha vez que se nos desmadrouu unha vaca e...pero non vou incomodarnos coas miñas crúas historias, mellor vede House.
O fotógrafo ten moita intención, non é casual, misterioso Gael, pódelle dar vostede mesmo a noraboa. É unha sorte ter artistas no meu salón que me agasallen coas súas obras para dalas a coñecer aos catro ventos.
é tanto tanto asi que é por iso que non hai cousa mais inquietante cunha muller que non quere ser nai. Lembrome sempre da pobre Rosa Montero que leva décadas aturando a pregunta sobre por qué non quixo ter fillos. Ás que os temos, ninguén nos pregunta por qué os tivemos (se cadra, moitas non teriamos resposta) pero non telos é unha revolta que as sociedades ainda non saben coma metabolizar.
12 comentários:
Como o tío Pepin xa saiu escarmentado deste 'galiñeiro' un día, e a pesar de que a imaxe da para moitas palabras, unicamente vai felicitar a X.B. Arias pola fermosa foto e, por suposto, pola disposta modelo.
Como diría Barthes, para min, o 'punctun' está na man, nesa man que transforma unha natureza morta nun corpo vivo.
A min a foto sigiereme como se o utero fose a espiña dorsal de todo.
Pero e que eu son moi rariño ca miña maneira de ver as cousas e o mundo.
É o que às vezes me apetece. Mas não me deixam. Tiraram-me cá para fora à força e mantém-me cá fora à força. Muitos dias, estar cá fora, dói.
Estimado Pepín, unha das cualidades que eu máis valoro é a contención.
Prezado homesdepedra o útero é a "madre" de todo, moi de acordo con vostede.
Isabela, unha vez fóra é realmente difícil volver, seino por experiencia. Hai que buscar alternativas máis asequíbeis.
Caricias mamíferas aos tres.
Moi bo o texto de Camba, anque por algún motivo, cando tento velo, aparecen acompañándoo estraños signos e escritas.
Canto ao útero, eu prefiro deixalo onde está, anque supoño que era lugar quente e agradábel. Non cabería doutra volta na barriga da miña mae, polo que me terei que conformar cunha cama ben cómoda e un edredón que me cubra mentres respiro-durmo en posición fetal...
O doutor House tiña dúbidas morais con fetos a semana pasada, agora que me lembro...
É a primeira vez que entro no blog. Francamente quedei sorprendido. Sobre todo descubrindo novas facetas do fotógrafo (non sei se casual). De vez en cando xa farei unha parada por aquí. Noraboa.
Fravernero, é certo que é máis doado saír ca entrar, cousa imposíbel,de aí o misterio do antro materno durante tanto tempo. Lembro unha vez que se nos desmadrouu unha vaca e...pero non vou incomodarnos coas miñas crúas historias, mellor vede House.
O fotógrafo ten moita intención, non é casual, misterioso Gael, pódelle dar vostede mesmo a noraboa. É unha sorte ter artistas no meu salón que me agasallen coas súas obras para dalas a coñecer aos catro ventos.
é tanto tanto asi que é por iso que non hai cousa mais inquietante cunha muller que non quere ser nai. Lembrome sempre da pobre Rosa Montero que leva décadas aturando a pregunta sobre por qué non quixo ter fillos. Ás que os temos, ninguén nos pregunta por qué os tivemos (se cadra, moitas non teriamos resposta) pero non telos é unha revolta que as sociedades ainda non saben coma metabolizar.
¿se podrá abrir? ¿con
amor?
Sigue intentándoo, amor, in aeternum.
As sereas teñen espiñas, e xa se sabe... Mais, apesar de todo, quen podería resistirse a acariciar unha serea?
O que falta a muita gente (menos às mulheres): espinha dorsal direita!
Cumprimentos à blogueira!
Enviar um comentário