Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, março 23, 2007

Sibila




Ela (chamámoslle Sibila a partir da descoberta da súa semellanza, na Biblioteca Xeral) viña carregada de roupaxes pesadas, inmóbil e dinámica, e de cada retallo triangular da súa túnica surtía unha elipse musical e tenra que enchía todo o soño de Domingos cun arume estremecido de anduriña ou calquera cousa de fino e aletexante. Atraguíao ao seu seo e o delirio sobreviña nunha cópula doce e incriblemente destructora. sentíase chuchado, día a día vencido. Non cabía na linguaxe de Domingos acumulación tal de pracer e fermosura, sonido e discusión de cores e mensaxes de luz e perda progresiva da entidade propia: parola na Quinta Angustia. Domingos chegara ao ponto de cáseque non comer nin fumar na noite en que Sibila, esplendente, chegara empuñando unha parabellum, cunha fita cruel en vez de labres. Sentárase nunca cadeira metálica (tipo Bauhaus, xa sabedes) e as elipses tiñan desaparecido, ou tíñanse esvaído, ou tíñanse apagado, o que horrorizou ao meu amigo, cecais por algunha secreta intuición relacionada coa súa cultura teosófica. Sentárase Sibila e contemplara con ollos de aceiro e toda a maldade do mundo ao meu amigo, até que a albada e as campás viñeron rescatalo prá vixilia e a luz, se é que aínda era rescatábel.


                           X.L. Méndez Ferrín, "A Sibila", Crónica de nós.

6 comentários:

astuto disse...

Bonito texto!
Ficou-me esta frase: "Atraguíao ao seu seo e o delirio sobreviña nunha cópula doce e incriblemente destructora."

Curiosidade: "Sibila" (1954) é, também, o nome do romance mais conhecido de Agustina Bessa-Luís, a maior escritora portuguesa, que se impõe como uma das vozes mais importantes da ficção portuguesa contemporânea.

Saúdos.

Anónimo disse...

Asegúrobos que en Delfos xa non está a Sibila e, así eu, que ía cargado de preguntas, voltei desencantado e sen respostas.

Deso pasou xa tanto tempo que incluso fun esquecendo boa parte daquelo polo que sentía curiosidade e do que pretendía luz.

A vida como penumbra. A dilatación da pupila. Ferrín lanzando ósos de polo nos que ler o futuro de subxuntivo (Ferrín sibilino).

SurOeste disse...

Pepin:

a Sibila cobra caro de raio os seus favores, e sendo como es de natural aforrador case che pagouu a pena que xa se xubilara cando fuches

Astuto:
Coido que lin un anaco desoutra Sibila. Trátase dunha muller, morgada dunha antiga familia de propietarios, o que en Galicia chamariamos unha fidalga, que renuncia a todo para entregarse á súa terra en corpo e alma? por certo, por aí nos arquivos debe ter un relato meu que titulei "Sereas" con cópulas delirantes e destrutoras.

Anónimo disse...

Agora lembro... 'Coreño'.

FraVernero disse...

Nam Sybillam quidem Cumis ego ipse
oculis meis vidi in ampulla pendere, et cum pueri illi dicerent: "Σιβνλλα τι θελεισ" respondebat illa: "αποθανειν θελω."

Non dubido que a Sibila se cobra caros os seus favores. Todas o fan... A xente é avara de máis para dar algo por nada...

No caso da de Cumas, queima amais os Libros Sibilinos...

As de Ferrín e Miguel Anxo serían, quizaves, fariña doutro costal. Anque non o creo.

astuto disse...

Sim, é isso Suroeste! Uma morgada/fidalga que tinha terras no Douro.

Cumprimentos.