Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, março 21, 2007

Aluspar Chelís




Iría contigo ós capelos polos campeiros de Monfero
ou polos da outra banda do río, de onde es ti,
e regalaríache un montón de flores lila.
Iría contigo ver as besta bravas polos campeiros de Monfero
ou polos da outra banda do río, onde ti viñeches engalanar o mundo,
e regalaríache unha noite de luar.
Iría contigo e descansariamos nos campeiros de Monfero
ou nos da outra banda, por onde saltaches de pequena,
e regalaríache os sons da auga caendo.

5 comentários:

Anónimo disse...

Hai momentos nos que todo o que se diga e todo o que se deixe sen dicir non abonda para reparar os destrozos. Se existira unha palabra, polo menos unha palabra, unha única puta palabra!!!

...e sen embargo só temos as palabras, as que se din ou as que non se din (están nos ollos, nos dedos...).

Eu sei que o mundo non se para, o mundo nin se inmuta, pero un xa non pode estar/ir nel do mesmo xeito. Así é a derrota, lenta e cruel.

Súmome a ese paseo imposible, a ese montón de flores lila.

Anónimo disse...

Nin para o mundo nin o tempo, e os carballos dos curros volverán reverdecer esta primavera. Os carballiños e os castiñeiros novos que ti plantaches, meu rei,xa da gusto velos.Fun pasear polo bosque que ti quixeches que un día fose tal, e xa o é, un precioso reducto autóctono no que protexerse do eucaliptal que todo o pode.Estiven nél este domingo, e lembreime de ti, imposible non facelo, da túa vitalidade fachendosa rebosante de enerxía para repartir.
Eu querería tamén ir con vós, camiñar á carón, sentirnos moi perto,coller floriñas, escoitar rechouchíos, e asasiñar a rabia e a dor maldita desta desesperanza terrible atascada na garganta.
Charo

SurOeste disse...

Sempre primavera e campeiros con lilas e bestas bravas para os meus valerosos amigos!!

Abrazos e solidariedade infinita, Chariño.

astuto disse...

Hoje é dia do início da primavera, dia mundial da árvore e da poesia! Só de coisas bonitas...

E para rivalizar com o poema lindíssimo que postaste, vou deixar-te uns versos melancólicos de Fernando Pessoa:

«Que importa àquele a quem já nada importa
Que um perca e outro vença,
Se a aurora raia sempre,
Se cada ano com a Primavera
As folhas aparecem
E com o Outono cessam?»

Saúdos!

torredebabel disse...

fermosa a forza coa que chega a primaveira e formosa a forza coa que o outono está destecendo todo o feito polo verán, esta beira. Apertas de outono no comezo da primaveira.