Número total de visualizações de página

sexta-feira, março 16, 2007

Os zapatos rotos



A miña amiga di ás veces que vai chea de traballar e que lle gustaría mandalo todo a tomar ventos á Marola. Querería pecharse nunha taberna de mala morte e beber todos os seus aforros, ou ben meterse na cama e non pensar xa en nada, e agardar que veñan cortarlle o gas e maila luz, deixar que todo se esboroe pouco a pouco. Di que o fará cando eu me vaia. Porque a nosa vida en común pouco ha durar; logo me hei de ir e voltarei a xunto da miña nai e dos meus fillos, a unha casa onde non está permitido levar os zapatos rotos. A miña nai poñerame a andar, impedirame utilizar alfinetes no canto de botóns, e escribir ata as tantas da mañá. Eu, pola miña parte, poñerei a andar aos meus fillos, vencendo a tentación de mandalo todo a paseo. Volverei ser seria e maternal, como me ocorre sempre que estou con eles, unha persoa distinta da que son agora, unha persoa á que a miña amiga non coñece en absoluto.
Mirarei o reloxio e levarei a conta das horas, vixiante e atenta a todo, e preocupareime de que os meus fillos teñan sempre os pés seccos e quentes, porque sei que debe ser así, se se pode, polo menos na infancia. É máis, se cadra, para aprender despois a camiñar cos zapatos rotos, sexa conveniente ter os pés secos e quentiños cando se é neno.

Natalia Ginzburg, Las pequeñas virtudes [Le piccole virtú, 1962] , 2002, Ed. Acantilado
(A versión galega é un experimento suroestiano)

11 comentários:

astuto disse...

Pero zapatos rotos non debe ser problema... Non con un presidente consello Zapatero...

Bon "experimento". Tradutora.

Saúdos!

SurOeste disse...

Ummmm...segundo as enquisas Zapatero ten un perfil de votante que se aproxima ao meu propio perfil e despois de presentar a Lei de Igualdade antonte nas Cortes esa empatía púxose de manifesto: "ista, ista, ista, Zapatero feminista".

FraVernero disse...

Vaia, as trampas de sociedade e bioloxía oprimindo a fértil creatividade literaria e persoal -estetización da existencia- da pobre mulleriña...

Un roto para un descosido, como se dí...

Vexo que Dzapateerro (pronunciado á italiana) anda a espiar perfiles blogueiros... No meu caso, as micropolíticas do recoñecemento posmodernos son incapaces de seducirme como a vella loita de clases. Quizaves inflúa, iso sí, que non son muller, negr@ ou homosexual/bisexual/transexual...

SurOeste disse...

ote, ote, ote, Fravernero machote!!

Sir Gawain disse...

Natalia Ginzburg foi unha muller pobre de esprit, que non de esprit pobre...

que comezou a escribir ese libro exiliada do fascismo nunha aldea pequeniña na que nevaba.

O que di, máis ou menos, é que unha certa prosa ten que poder restablecer os nomes das cousas, como Celan, Beckett...

e van...

SurOeste disse...

Eu tamén me agacharía dos fascistas nunha aldea onde nevase e andaría cos zapatos rotos pensando que os meus fillos os terían quentiños.
Eu tamén me esforzaría en evocar un mundo con palabras na nada da neve.
Eu tamén navegar.

tío Pepin disse...

Non sei cal é realmente o motivo, pero os zapatos funcionan como un enlace (link) discursivo perfecto cando se trata de evocar/explicitar a dura loita contra a vida e as súas miserias. Lembro así de golpe o Charlot de 'La quimera del oro', o peliculón para min neo-neorrealista)de Olmi, 'El árbol de los zuecos', que debería ser materia troncal en todos os estudios académicos tanto de ciencias coma de ficción, ou, sen ir máis lonxe, as botas varias que pintou Van Gogh cando empezou a pintar. Tamén están os zapatos/rara avis en bandexa de prata de Meret Oppenheim, pero xa son outra cousa (ou se cadra non, se cadra tamén falan do mesmo).

musgallo disse...

Pois a tipa teno ben doado: que abra a chave do gas e se meta na cama, así despois xa non se poderá queixar. Hai cada cousa...!
Zapatero, teus zapatos!!!

SurOeste disse...

Vitriólica Musgallo:
Para que meterse en gastos de gas podendo morrer de inanición ou de noxo?

FraVernero disse...

...Malvado Tirano Patriarcal ao Aparato...

Vaia... canto tempo que non vía a Musgallo... A ver se quedamos un día destes e imos ver algunha peli, muller.

Canto á morte de fame, creo que é moito máis doorosa e lenta que o do gas... E o de morrer de noxo -como de amor- paréceme poético mais imposíbel...

SurOeste disse...

Sorpréndeme gratamente o pouco que sabe a xente nova da dor.Abenzoados sexades!