Número total de visualizações de página

domingo, março 04, 2007

Protectorados




Como os meus habituais comentaristas se encargan de me lembrar quero recoñecer
que, efectivamente, o estilo lingüístico das empresas de comunicación madrileñas
establecidas en Galicia é legal e mesmo lexítimo, desde o momento en que os intelectuais intergalácticos colaboradores se apresuran a lexitimalo día a día e 
suplemento cultural a suplemento cultural, expresando o seu consentimento de maneira totalmente voluntaria sempre que se lles pregunta. Da mesma 
maneira que o imperialismo non sería posíbel sen a colaboración das elites 
autóctonas dos territorios colonizados nin a  dominación masculina e a ablación de clítoris sen o consenso e colaboración das propias mulleres.
Uns e outras necesitamos protección, como todo o mundo sabe.

Non sen a miña lingua!
Non sen o meu clítoris!

3 comentários:

tío Pepin disse...

Suroeste, asegúrocho, por máis voltas que lle din non son quen de verlle outra solución máis axeitada:

Non sen a miña lingua!
Non sen o teu clítoris!

Xa sei que pode parecer excesivo, pero cambiarlle o posesivo aínda era máis problemático.

SurOeste disse...

Miraaa!!!! Non sei se suprimirte ou deixarte aquí per omnia saecula saeculoum para cando queira avergonzarte ter bibliografía.
Sátiro, que es un sátiro!!

torredebabel disse...

Pois non queda nada que engadir: xa foi todo dito. Non hai imperio sin forza e non hai imperio sen complices. É tan doado coma iso.