Número total de visualizações de página

terça-feira, fevereiro 27, 2007

O estilo lingüístico do Grupo PRISA (ou a lingua galega ben vale unha misa

En ¿Qué significa hablar? Economía de los intercambios lingüísticos Pierre Bourdieu analiza o papel da lingua como instrumento de dominación, en primeiro lugar en canto medio privilexiado para representar e interpretar a realidade, sempre de acordo coa interacción entre emisor e receptor e o mercado de valores simbólicos dominante:

Una parte de las determinaciones que constituyen la definición práctica del sentido, y no la menor, se produce en el discurso automáticamente y desde fuera. El origen del sentido objetivo que se engendra en la circulación lingüística hay que buscarlo en primer lugar en el valor distintivo resultante de la relación actuada por los locutores, consciente o inconscientemente, entre el producto lingüístico ofrecido por un locutor social caracterizado y los productos simultáneamente propuestos en un determinado espacio social. Sucede tambien que el producto lingúístico sólo se realiza completamente como mensaje cuando es tratado como tal, es decir cuando es descifrado. Asimismo, los esquemas de interpretación que los receptores ponen en práctica en su apropiación creadora del producto propuesto pueden estar más o menos alejados de los que han orientado la producción. A través de esos efectos, inevitables, el mercado contribuye a crear no sólo el valor simbólico sinó también el sentido del discurso. (Bourdieu, 1985:12)


En segundo lugar, en canto representación simbólica-identitaria das comunidades que as falan, a lingua pódese converter no expoñente máximo de dominación dun grupo humano sobre outro. Impoñendo a súa lingua (ou variedade lingüística) o grupo dominante estará lexitimando a dominación e con ela reservándose non só o dereito a representar, senón tamén a controlar o mercado de valores simbólicos.

Para que una forma de expresión entre otras (en el caso de bilingïísmo una lengua, un uso de la lengua en el caso de la sociedad dividida en clases) se imponga como la única legítima, es preciso que el mercado lingüístico se unifique y que los diferentes dialectos de clase (de clase, de religión o etnia) se midan en la práctica por el rasero de la lengua o según uso legítimo. La integración en la misma “comunidad lingüística”, que es un producto de la dominación política constantemente reproducida por instituciones capaces de imponer el reconocimiento universal de la lengua dominante, constituye la condición de la instauración de relaciones de dominación lingüística. (Bourdieu, 1985:12)


4 comentários:

tío Pepin disse...

¡Cullóns, que diu aquel! A ver, Suroeste, é que si, que o teu amado Bourdieu di verdades das de verdade, pero logo resulta que estar en posesión(?) da verdade non é dabondo para que as cousas funcionen ou tendan a funcionar como se supón que deberían facelo. A min, nesta semana tan saturada de densas reflexións cinéfilas, ocórreseme respostar o teu Bourdieu cun Godard:'ce n'est pas une image juste, c'est juste une image'.
De todos os xeitos encántame discutir contigo aínda que só sexa por discutir contigo (cando digo discutir quero dicir o que xa sabes que quero dicir).

p.d.: lembro un día que che lin un 'refrán' que aparecía nunha novela que eu estaba lendo ('El libro de Hrabal', de Esterhazy) e que dicía algo así como 'as palabras son fermosas, pero as galiñas poñen ovos' (é case o mesmo que o Godard de antes). Non lle atopaches o aquel, eu sigo crendo que o ten.

Un bico.

SurOeste disse...

Querido Pepin:as palabras poden gardar moita violencia, aínda que só sexan palabras, como ti dis.
Coas citas de Bourdieu buscaba o apoio das súas sabias palabras (el seguro que non estaba pensando en Suso de Toro cando as escribiu) para denunciar esa maneira de disfrazar unhas cousas por outras: presentar a aceptaqción da violencia que supón que non lle deixen escribir na lingua na que el di que escribe como unha opción pola liberdade de expresión. En realidade é o cúlmen da falta de liberdade de expresión. E el sábeo, e ti sábelo e todos o sabemos, xusto como nos anos 50 en que se podía escribir "en gallego pero sólo para hablar de la morriña e de aquellas cosas tan gallegas, gallegadas, que se les llama". Moi ben, parece que volvemos para atrás e o mercado é o mercado e Suso e compañía fan o seu papel de Xan das Bólas na prensa madrileña e agora tamén aquí. A que máis se pode aspirar sendo galego?

Di sempre un amigo meu cando se pon simpático: "que importa o sexo cando o amor é puro?" pero si que importa o sexo, a postura e o contexto. Na comunicacióon importa todo.

Pepín, sigo tendo moitas dúbidas sobre os teus gustos literarios e o teu cosmopolitismo radical: quen carallo che había de entender o lumfardo en Buenos Aires?

Enfín, que me encanta discutir.

FraVernero disse...

Seguimos co Touro eh? Touro pasado, he, he, he...

No fondo, como sempre, todo se reduce a un problema de diñeiro. Se houbera o suficiente para manter xornais diarios en galego (e non esa folla voandeira rancia que responde ás siglas ANT, alias 'Pravda'), outro galo nos cantara. Entón disporíamos tamén (presumíbelmente) dunha burguesía local forte que artella moitos dos seus intereses a través dun discurso nacionalista.
Evidentemente, a liberdade de mercado (a única verdadeiramente sagrada, e á que todo se reduce ao final nas democracias liberais-burguesas do capitalismo serodio) inclúe marxinacións e inxustizas varias.
Falando de MARXinacións (he, he), o certo é que vivimos nunha sociedade de mercado, e case todo ten que pasar por ese aro. Se agardamos futuro para língua e país, haberá que pensar tamén en estratexias económicas (manda carallo que o teña que dicir un marxistón rancio...).

Aínda só intuíndoos polos seus comentarios, amósome totalmente solidario cos gustos literarios e o cosmopolitismo radical de tío pepín (gusto moito desa etiqueta que se lle lanzara aos xudeus e aos artistas de vangarda no tardoestalinismo: cosmopolitas sen raíces; anque agora camiñamos cara o rizoma, que é unha estructura radial moi sui géneris...).

Se é que a touro pasado...

tío Pepin disse...

After Esopo/Samaniego ou De Rerum Natura:(digamos que é o título)

Non sei se debo sentirme máis intranquilo polos rabudos ataques de Suroeste ou polos tenros apoios de Fravernero.

Non sei se son máis masoquista ca sádico (coda).