Leo estupefacta as explicacións, desculpas, súplicas de Suso de Toro, o noso intelectual máis revoltoso, abrindo o último número de Tempos Novos. Por que está tan confundido Suso de Toro, el que sempre vai polo mundo moi cheo de razón, creando opinión, fustigando aos que manteñen a contraria e, nunha palabra, marcando estilo?
Suso de Toro converteuse nunha das estrelas da edición para Galicia de EL PAIS pero para iso tivo que adentrarse no seu laberinto persoal porque, segundo nos confesa, obrígano a escribir en castelán:
"O xornal antedito ten unhas normas claras e moi articuladas e que obrigan a escribir en castelán en todas as súas edicións, excepto nun suplemento cultural".
El intenta xustificar esa deserción como a única maneira (a máis doada, desde logo) de escapar á asfixiante censura do xornalismo patrio:
" se mantiña a norma de escribir en galego nun xornal iso supuña na realidade aceptar a censura, o silenciamento, pois non tiña onde facelo, e se quería chegar á opinión pública escribindo o que coido que debo escribir tería que facelo en castelán".
Enfín, a min non me convence. No mesmo escrito xustifica a censura lingüística de EL PAIS porque despois de todo o xornal é deles e teñen dereito a defender a súa idea de España (coa que Suso só coioncide en parte, seique), en cambio os xornais galegos que lle permiten escribir en galego en Galicia son inadmisíbeis porque non lle deixan escribir o que quere. Gustaríame que nos aclarase, aínda que sexa en castelán, de parte de quen en concreto sufriu esas censuras das que fala, e de paso comprobar se o novo patrón madrileño é tan liberal para permitirlle exhibir a súa facundia sen cortapisa ningunha.
Na miña opinión se falamos de censura tanto se estña a exercer nun caso coma noutro pero, se me permitides, aínda me parece máis inadmisíbel a de EL PAIS que censura unha lingua (xa non o que se poida dicir nela) e redúcea á triste consideración coros y danzas, coma nos tempos de Franco.
A ninguén se lle escapa a estas alturas a tremenda e negativa carga simbólica que ten para a normalización do idioma e para a normalidade cultural deste país noso que intelectuais que sempre utilizaron e defenderon a nosa lingua se poñan agora a contarnos cousas en castelán. Na edición de Madrid as súas palabras resultarían solemnes e poida que convincentes; na edición de Galicia, para ser lida por galegos, soa en falsete, a parodia de si mesmos.
A lingua é un dereito irrenunciable e hoxe, diante de Suso e todos os intelectuais colaboracionistas do colonialismo noxento de EL PAIS, quero reivindicar o espírito Máis Alá. Canto choveu desde aquela, e que pouco avanzamos perdidos cada un no seu laberinto!
Máis Alá!!

8 comentários:
Ams... últimamente estás de azoutadora en tremendas Filípicas, Suroeste!
Síntome pisando terreo incómodo. A escrita de Suso nunca me seduciu moito, e a súa escolla -a de deixar de ser un profesor de instituto e vivir profesionalmente da literatura, cos conseguintes productos 'comerciais'- desagrádame. É un camiño que me repulsa, e que nunca seguiría. Mais podo respetalo (incluso asumilo como necesario para a normalización das letras). E podo entender (anque non compartir) que dende o seu punto de vista, Joyce sexa un 'fracaso', anque eu pense máis ben ao revés.
Despois entra outro tema, claro. Que para poder vivir 'de verdade' e profesionalmente da literatura, Galiza é ata o momento 'misión imposíbel'. Todo o máis, rixe o modelo do que el escapou -profesor de instituto que nos seus intres libres saca libros e todos felices arredor da Ola de Camaradaxe. Suso escolle unha opción que eu tamén rexeito, e me resulta odiosa: pasar a escribir en castelán e a formar parte dese sistema literario. Mais podendo considerarse escolla traizoeira, non é a culpa en boa parte dunha sociedade (a nosa) que empece totalmente as posibilidades de persoas cunha ambición maior que a de ser escritores ocasionais? E por desgraza, temo que sexa algo que non só pasa no terreo de 'literatura de masas'. Quizaves deberíamos reflexionar porqué algúns dos mellores escritores españois do século pasado fosen galegos, e non se plantexasen escribir na nosa língua... e quizaves a resposta non sempre teña que ver con motivamentos 'reaccionarios'. Como aquel Mourullo que, por imitar a Faulkner e a Kafka se viu expulso do Parnaso...
Canto á prensa, a galega é bastardamente miserábel, pobre... Non hai calificativos para describila. E certamente, hai que comer. Censura non se pode dicir que exerzan (nen eles nen o 'País'): simplemente, son empresas privadas e sirven aos seus intereses. Suso conseguiu ser desterrado e silenciado pola Voz e outras moreas de merda impresa polos seus posicionamentos...
Os problemas son moitos, e a realidade, complexa... Todo o cal non quita que me resulta irónico ver a Suso convertido no intelectual áulico do Zapaterismo. Mais quen é o xusto para andar esixíndolle irreprochábel compromiso ético-nacional ás persoas, máis cando non se ofertan saídas dignas? Rivas, máis querido por estos lares, tampouco anda nunha corda moi distante da de Suso...
A min Suso de Toro, tanto me ten...
Se escribira ben e non fose un zopenco dábame igual que escribira en arameo ou en... turcochipriota?
Outros que salvaban o metarrelato e se lles enchía ata non hai moito a boca de berros de traidor a quen máis e a quen menos... andan escribindo en español non tan afastados da columna de Suso en El País...
Supoño que Polanco bien vale una misa...
Pois entón haberá que dicir algo (?).
Primeiro algo: a min Suso de Toro nin fu nin fa (nin cando escribía só en galego nin escribindo en comanche).
Segundo algo: o caso Rivas que por aí sacou a colación Vernero: fáiseme máis escritor cando aparece escribindo columnas no El País que cando aparece querendo ser o John Berger galego.
Terceiro algo: a min se me pagaran unha colaboración no Clarín arxentino e me puxeran como condición que escribira lunfardo probablemente intentaría escribir en lunfardo.
Cuarto algo: hai escritores en galego (e en calquera lingua) que era mellor que escribiran en volapük (ego sum) e unha cousa é renuncoiar a escribir en galego por principios e outra cousa é non poder escriír nada máis que en galego por finais.
Quinto algo: hai moito tempo que non leo nada escrito en galego que me faga cóxegas na barriga. Tamén hai moito tempo que non leo nada en castelá que me faga cóxegas na barriga. Aclaro: en galego ou en castelá que non sexas traduccións doutras linguas a estas (basicamente á segunda, claro), porque traduccións si, e menos mal.
Sexto algo: por alusións e desilusións un día encantaríame debatir/discutir sobre a paranoia que existe entre unha selecta elite de intelectuais con eso que eles chaman o virus do profesor de bacharelato no sistema literario galego do carallo.
Séptimo algo: descansou.
Vim aqui, de passagem pela Isabela e ... gostei !
Vou passando ...
Penso que se pode escribir en castelán sen que eso sexa considerado unha deserción do galego, idioma polo que, sen dúbida, Suso de Toro segue loitando como o que máis.
Ben, queridos tertulianos:
Algúns lestes ás présas e non collestes moi ben a esencia, é máis en canto cheirastes a palabra "neocolonial" botastes as mans á cabeza. Porén é o adxectivo que mellor lle acae ao estilo dun medio de comunicación da metrópole (hai cada metrópole...)cando se asenta en provincias e "lexisla"se isto pode ir en galego e aquilo na lingua do imperio. imaxinemos que o grupo PRISA se asenta en Portugal no mesmo plan. Inadmisible.
Eu, polo tanto, o que critico é que Suso e os seus colegas escriban en castelán en e para Galicia, para que os leamos eu e máis vós. paréceme claudicar, e máis se lle facemos caso ao propio Susode que o fai porque lle mandan. Mandadiño el. Un tipo que nos estivo dando leccións de ética e moral todos estes anos, tan rqadical e heterodoxo que ata escribía o seu famoso blog en "galego trampitán".
A cuestión da calidade literaria non vén aquí a conto. Mexastes fóra do testo.
Pepín, eu en Madrid falo castelán (e aínda así non me entenden), en Lisboa portugués, ou algo que se lle parece, e en París, francés, pero aquí, o que se di AQUÍ falo en galego. Por principio.
Outra cousa, se a cuestión é de cartos, como apunta Sir Gawain, pois que o diga claramente que eu non me vou escandalizar: "fíxeno por cartos", hai persoas que fan de todo por cartos: o mercado demándao e ti ofreces o que estás disposto a vender. Vale. Suso fala de dixuntivas éticas, que queda moito máis elevado e, desde esa perspectiva é desde a que eu me atrevo a criticalo.
Máis Alá, por favor!!
A hipocresía moral é sempre censurábel, dende os clásicos da literatura universal ('Tartufo'). Os Inquisidores tenden a saír algo queimados (caso de G. Grass). Nembargantes, non concordo en que nos centraramos na calidade, senón na escaseza de saídas e de real normalización que sigue tendo o nos sistema literario... que segue a exhibir, aliás, os peores elementos caciques dunha pequena literatura, e obstaculizando moitas propostas emerxentes...
Canto ao País, volto a afirmar que é un xornal privado e independente -polo que guste ou non, tes que pasar polo aro das súas regras se queres xogar con/nel. Malia a súa sintonía cos sociatas, non é un órgao do goberno central. Alén, o problema, como sempre é o do carro diante dos bois: onde están os lectores dun diario en galego?
Ola, what's up amigos? :)
I will be happy to receive any help at the start.
Thanks in advance and good luck! :)
Enviar um comentário