Número total de visualizações de páginas

terça-feira, março 27, 2007

Góticas


Na nosa sociedade é moi importante a imaxe, mesmo excesivamente importante, por riba de calquera outra consideración. Por iso non é de estrañar que os que levan unha vida máis ou menos exposta ao público se esforcen en presentar unha imaxe coidada e mesmo, especialmente se están relacionados co mundo das artes, orixinal e espectacular, que dalgún xeito proxecten visualmente a excepcionalidade da súa persoa.
Entre a intelectualidade feminina galega veño detectando unha certa tendencia á estética Morticia Addams, e non é un fenómeno de agora, o máis doado sería pensar en Yolanda Castaño, senón que vén de moito antes, e estou pensando na belísima Carmen Blanco.
Curiosa fascinación polo gótico na terra onde o románico perviviu máis tempo.

12 comentários:

astuto disse...

Tipo de arquitectura ou moda/estilismo, o melhor é o que não dá nas vistas... porque ao dar nas vistas pode cegar alguém!

Saúdos!

Anónimo disse...

Gótica?

Non necesariamente, une femme est une femme...

... mais, Carmen Blanco, bellissima?

Debes coñecer unha Carmen Blanco distinta...

... en calquera caso lembro que unha amiga lesbiana dicíame xusto onte tomando un café cativo (ela, eu un colacao excelente, grazas)...

... que ás mulleres deberanlles facer unha sangría mensual para que fosen todas como heroínas das novelas de Disraeli lánguidas e só animosas cando deben.

Suger resucita?
E que sería Corina Porro? Gothique flamboyant?

SurOeste disse...

ouh, Gawain, sabía que non te poderías resistir a este tema tan suxerente!!

Carmen Blanco foi, é e será unha muller belísima, seino desde a primeira vez que me deslumbrou alá no ano 85 falando de "Las literatas" de Rosalía de Castro, xa daquelas vestindo rigoroso negro e facendo ondear longa cabeleira. Hai un par de anos volvina ver e, podédesme crer, volveume parecer unha presencia fascinante: guedellas compridas en fondo preto. E ten que ser gótica: unha só se pode conservar así de imperturvábel facendo un pauto co demo.

En canto a Corina, non teño máis que engadir á solución "Ghotique flamboyant", á que por outra parte tampouco é allea a propia Yolanda...

Á túa amiga non lle é suficiente coa sangría mensual de rigor? Enfín , eu estou máis a favor do canon da miña avoa, para quen unha boa moza debía parecer que "vertía o sangue".

Saúde para todos, amigos!!

torredebabel disse...

se cadra ten menos de gótico que de moda, de necesidade por parecer algo máis magra (xa se sabe que o negro...) ou de un chisco de frivolidade...

Anónimo disse...

Gawain sempre fai trampas (Suger baby love), Yolanda non pasa de protogótica (pórtico da Groria) e aquí seguimos sendo todos especialmente románicos (ás veces hai tamén románticos, pero son erros tipo/topo/gráficos).

SurOeste disse...

Torredebabel, intentei poñer uns vínculos para C.B. e Y.C e non dei feito, simplemente para que comprobarades que as dúas están por riba da moda: elas crean estilo.


Portico da gloria?

Pepin, en serio, tes unhas erupcións de falocentrismo que me teñen preocupada. Vou ter que operarte...

Anónimo disse...

Mon dieu!, eu quería dicir Gloria, si, pero supoño que ti queres dicir galocentrismo, non si?

p.d.: reler entre liñas (o comentario anterior), pero xa sabes/sabedes que eu nunca me explico (ben).

FraVernero disse...

Aaaa, tío Pepín, para 'Gloria' prefiro a versión da miña admirada Patti Smith, que non é nada gótica, cultivaba pelos na sobaqueira e non deixaba (deixa) de ser unha muller atractivísima. En Barcelona a temos dentro duns meses, alén...

Ana Bande disse...

A min este estética gótica (que mal lle acae este nome por certo) gústame, adoitan ser persoas cunha linguaxe propia e cun pensamento de seu, polo menos os que coñezo. E isto non é pouco pedir nestes días no que o máis variado son o uniformes dos colexios relixiosos. O certamente preocupante é o culto ao envoltorio. O culto ao corpo está acadando niveis certamente pornográficos, mirade senón ese famoso programa de Tv...Ah! parabéns por este espazo, é un curruncho precioso.

SurOeste disse...

Moi agradecida Ana Bande.
O único "uniforme" que sufrín na miña vida foron os pantalóns vaqueiros. Quero dicir que, ao final, acabamos todos uniformados, por unhas razóns ou por outras. Estase moi ben no rabaño, sexa da especie que sexa.
a miña nai tenme contado como lle rogaba a súa avoa que comprase un colariño de pérolas (falsas, por suposto) que se levaban tanto na súa xuventude: rebeca e colariño de pérolas porque "a que non tiña pérolas (falsas ou non) non era cristiá". Así que eu, a pesar das dúbidas, puxen e poño pantalóns vaqueiros, iso si, que me tapen o cu.

Por certo, Fravernero, Patti Smith atractiva? Déixame pensalo!

Isabela Figueiredo disse...

Pois, a mim, a estética gótica não me agrada nada!

Natalia Fênix Gòtica disse...

"olá!!!
visitei sua página e gostei..então vou deixar aqui meu oi...e convidar vc a visitar o meu blog..bjss!!