Número total de visualizações de páginas

terça-feira, novembro 10, 2009

Dama de xeo

Dama do lago? Non. Dama das camelias? Que va! Dama de Elche? Boh-boh! Dama, dama, dama boba? Como que boba? Boba será ...

Dama de noite, dama de compañía? What? Como te atreves? Primeira dama? Quita, quita! Dama de ferro? MMmmmmm... Dama de Shanghai. Nadiña.

Belle dame sans merci, grazas as que ela ten, miña señor, miña dama de xeo.

4 comentários:

Ana Bande disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
dama de xeo disse...

Sempre atopo neste recuncho a temperatura ideal para solidificarme. De arriba cara abaixo. Porque son auga. Porque así podo ser xeo e cristalizarme acomodándome ao teu recipiente. Sorprendéndome a min mesma do ben que aturo a túa presión. E canto me gusta precipitarme pola enchente das túas verbas. Colle un anaco. Non. Mellor deixame espirte completamente para pintarte co azul do meu corpo. E así, densísimas, seremos unha soa peza. Non haberá clima que nos incordie. Bico morno para conservarte. ¿pero ti ves o que me fas dicir miña nena?

Fermín disse...

Xeo: iso si que é un tratamento...

Gabriel Pérez disse...

buuufffff, moito xeo, moito xeo, pero aquí vaiche moita calor!!!!