Número total de visualizações de páginas

domingo, novembro 01, 2009

Chupópteros



A pregunta é, que interpretación lle damos ao resucitado tema do vampirismo que inza a literatura e a imaxinería dos produtos culturais dirixidos a adolescentes?
Estamos diante dunha reacción conservadora ante a sexualidade activa das mulleres modernas? Ou temos que interpretalo como expresión de tendencias sexuais sádico-masoquistas para consumo de todos os públicos?

8 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Eu non lle daría a máis mínima importancia. O que si me parece moi rechamante é o carácter popular que está adquirindo nas cidades a festa do jalouín/samaín. Sen apenas organización oficial, os rapaces disfrázanse estes días case máis que os días do entroido.

SurOeste disse...

Si, dentro de pouco imos ter bailes de fin de curso á americana e se non ao tempo.Eu penso que o asunto este do jalouín ten que ver moito cos medios de comunicación e os centros comerciais, na liña San Valentín-Tontolín.

Que conste que aquí en Cabanas neste tempo preparabamos os melós para facer caveiras iluminadas e poñelas nos camiños para asustar. Algo hai, alá no fondo que, loxicamente, non ten nada que ver co que nos veu de volta vía películas americanas e Corte Inglés.

SurOeste disse...

Preocúpame máis, Arume, que á rosa do meu xardín lle chanten os caveiros no pescozo.

Oficial e cabaleiro disse...

Pois eu non sei, francamente. Nin lin os libros de Milenium nin vin as pelis. Sei que teñen moito predicamento entre os (pre)adolescentes, pero penso eu máis polo seu contido "romántico" (que ignoro como se traduce concretamente no ámbito da sexualidade).

Vou ter que, se non ler eses tochazos, cando menos ver as pelis, que leva menos tempo.

SurOeste disse...

A ver, señor oficial, de tanto andar a cabalo parece que xa lle esqueceu ler textos con hipervínculos: se pincha no encarnado decatarase de que non falo de Millenium, senón de Crepúsculo.

Oficial e cabaleiro disse...

Sorry, dona SurOeste. Eu queriame referir tamén a Crepúsculo.

SurOeste disse...

Benvido!

Turdus Merula disse...

Yankilandia, ya llegó. Yankilandia ya está aquí.
Que lle den ao Halloween, anque o nomeen Samaín.