Suntuoso tapiz? Suntuoso?
si
si
si
explícome
é abundante
espeso
ten moita variedade de especies aí apretadiñas
Xa, xa sei o que significa a palabra, grazas.
ten un colorido fantástico
eses violetas e diversas tonalidades
salpicando aquí e alí superficies extensas
ese luxo de texturas e colores
Tes que lle poñer un texto.
parece mol pero pincha
son incapaz
estiven mirando e mirando
É un reto, inténtao.
e penso que ata lle sobra o título
e o máis alucinante é que por baixo desa superficie
hai un mundo
con moita bichería
Estás xa facendo aquí o texto, pásao.
é suntuoso precisamente porque non regatea nin en condicións extremas de vento e sal a que está exposto
é un derroche moi ben aproveitado
Entendiches?
2 comentários:
A moto do anterior non era suntuoso tamén tapiz, de sombra y sueño?
A moto do anterior post foi, no seu día, o luxo do obreiro para ir á obra, a gala do rapaz para ir ás mozas, mais acabou nunha palleira desprazada por unha carrocería máis aparatosa e un motor máis potente, sen lona que cubrise as súas vergonzas oxidadas, exposta ás cagadas das insolentes galiñas... azuis?
As miserias da nosa sociedade de consumo!
Enviar um comentário