Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, agosto 12, 2009

Editoriais, libros, libreiros e lectores abraiados



Hoxe recibín unha carta dun amigo que me fai unha suxestión interesante, que en principio pensei en aproveitar facendo un escrito propio, pero que ao final transcribo aquí con toda a súa forza porque me parece que achega cuestións cruciais do campo literario galego de hoxe mesmo expostas dun xeito moi directo:

"Xa lin a recensión e oín a entrevista. Moi ben na recensión esa reivindicación da afouteza das nosas editoriais, moi necesaria neste país de pailáns. Hoxe cabreeime porque fun a unha librería comprar o Mombars (compro todo o que me recomendas) e vin os libros de Domingo Villar (sabes?, Ollos de auga, A praia dos afogados) colocados en castelán (Ojos de agua, La playa de los ahogados) na mesa de novidades. Os orixinais galegos nin estaban na sección de "linguas" onde está "galego". O mesmo me pasou o outro día en Santiago. Curioso. Cando unha novela galega ten moita venda e se traduce ó castelán, pasa a ser un orixinal nesa lingua. Non sei que fan os autores e se isto lles causa algunha incomodidade ou non: se cadra están contentos con esta librofaxia e cáelles a baba cando son recoñecidos polo mundo editorial español (estas traducións en Siruela xa sabes que campan moito).

Con recensións coma a túa, a ver se espabilamos. O mundo dos libreiros é ben paleto, dígoche a verdade. Moita librería pero pouco coñecemento dos libros. Por que non pos algo en Facebook? "Paseando o outro día pola Atenas de Galicia... ocorreume un caso propio de poubáns porque a poubanía inza este país e outros, tamén...."

Gústame o Hixinio Puentes. Fala ben. Hoxe comezo co Mombars... Sempre tiveches bo ollo para cazar as boas novelas. A B. tamén lle gustou".

Non vou engadir nada máis. Con isto temos para pensar e para empezar unha saborosa polémica, se temos xenio e vagar para facelo agora que por fin chegou o verán.

Saúdos

5 comentários:

Fermín disse...

E se cadra non están contentos nin se lle caen as babas. ¿É posible para un autor negarse a que os seus libros noutro idioma non se vendan en Galicia? Probablemente si. Pero, ¿ninguén viu nas librerías de Galicia libros traducidos ó castelán de escritores dos que non se pode dudar da súa "militancia" en favor do galego? ¿Por que será?

¿E que dicimos logo dalgúns magníficos xornalistas do país que traballan en castelán en cabeceiras de Galicia ou que se venden en Galicia?
(etc.)

Non sei se non teremos que espabilar todos e mirar primeiro a baba na boca propia...

Sobre os máis dos libreiros, pois miren, vostede e o seu amigo: aí estoulles de acordo, deses sospeito que si, que se cadra eses si se baban e están moi contentos porque venden moito libro en castelán.

A polémica, sospeito, vai ser máis babosa que saborosa.

Fermín disse...

¿Bábanse os homes da limpeza que saben que os residuos que recollen acabarán en SOGAMA?

A.C. disse...

Hixinio tamén é dos meus favoritos.

(Levo unha temporada vindo a visitarte, agora que dei o paso de abrir a miña tenda, considero que é de recibo vir a saudarte)

Anónimo disse...

soy de habla castellana y también Hixinio Puentes es de mis favoritos, no sabéis qué poeta nos hemos perdido.

Anónimo disse...

Soy de habla castellana y también Hixinio Puentes es de mis favoritos, no sabéis qué poeta nos hemos perdido.