Las canicas, Joe R. Villareal, S. Antonio, Texas
Dixo Moscoso, o corrupto empresario da serie
Pepe o inglés, que cada un ten o poder que os outros lle queren dar. Éche ben certo e, por agora, non teño máis que engadir a esta xenial máxima de teleserie.
6 comentários:
Algo parecido dixo Currás noutra teleserie histórica: "manda carallo, teñen a maioría e ainda por riba caghan por nós (as gaivotas)". Censurado.
Benvido outra vez ás papanduxas, Pablo. Acabo de ler a túa documentada lección dos ritos outonais, pero non se me quixo abrir a caixa dos comentarios, polo que vou aproveitar a miña propia:
Por aquí no norte tenebroso lembro de pequena que se celebraba o Samaín, non con ese nome: os mozos andaban por aí cun melón convertido en calivera cunha vela dentro de noite armando farra e poñéndolle medo ás minchas coma min. Ferrín escribiu nun artigo que iso é un invento ou unha copia das tradicións anglosaxonas e que en Ourense a broma do melón facíase en calquera época do ano. Sería en Ourense, aquí facíase neste tempo, o das castañas e o viño novo, e das papamduxas, por certo. TEño esa lembranza de ver pola ventá do vertedeiro a pavorosa procesión do melón-calivera de rueiro en rueiro.
Pensei nos medos, que son tanto mais poderosos canto mais os deixamos. Apertas!
Diserto bastante desa teoría do poder. Cada quen témolo noso e temos a facultade de non deixar que no lo quiten, ainda que ás veces non disfrutemos dela.
Unha aperta.
:)
Vaia, eu non lembro que na miña aldea se fixese nada especial nesas datas, aparte de ir ao cemiterio. Si que faciamos magosto, e papanduxas, claro. Parece ser que esas tradicións gardáronse mellor na túa terra e noutros lugares da costa.
Penso que tem a sua parte de razom. o importante é saber usa-lo bem, suponho...
Enviar um comentário