Número total de visualizações de página

terça-feira, novembro 28, 2006

O tarro das esencias


Leo en Vieiros estupefacta unhas declaracións de Núñez Feijoo en Arxentina (ou era Uruguay?) escandalizándose de que o goberno conceda a nacionalidade española aos inmigrantes norteafricanos (evitou referirse aos negros dos caiucos, que fino!) e do leste de Europa que, cito textualmente, no tienen ni una gota de sangre española, mentres que racanea a concesión da preciada nacionalidade aos fillos e netos de españois emigrantes (polos votos baila o can).
Como será o sangue español? Que características terá que non teña o sangue norteafricano ou do leste de Europa? O meu sangue será español? E o dos etarras? Cantas xeracións fan falta para ser cristiano viejo con todas as da lei? Alguén analizou o ADN do brazo incorrupto de Sta. Teresa de Jesús? (non vaia ser xudía...) E eu de quen virei sendo?
E por fin: haberá cousa máis rancia cá dereita española?

7 comentários:

Ra disse...

Bien dicho. Estupendo post.

torredebabel disse...

non hai. E mira que a dereita arxentina é asasina e terrorífica, pero ainda menos rancia... que xa é moito decir!

Isabela disse...

Não há nada pior que a direita toda, venha ela donde venha. Havias de ver o discurso racista e xenófobo que ela tem igualmente, em Portugal!

SurOeste disse...

Torredebabel, non escoitaches ningún comentario ao respecto por aí?

Non coñezo o discurso dereitoso portugués, Isabela, mais estes deben crerse a reencarnación do reino visigótico (que por certo eran do leste de Europa) ou algo así. De Núñez Feijoo, o candidato á presidencia da Xunta de Galicia do PP, dicían que era do sector máis aperturista do partido e mira para aí como se retrata.

torredebabel disse...

a verdade que non os escoitei nin lin por acá, pero lembra que o que non faltan neste recuncho son xentes galegas, de dereita e rancios a mais non poder. Polo tanto, en todo caso, serían unhas palabras que caen ben para moitos...

Pablo disse...

Imaxino a máis dun queimando as mans de tanto aplaudir... pura demagoxia barata.
O que alguén lle debería ter dito a Feijoo é que eses "extranxeiros" que se nacionalizan españois "por la patilla" tiveron antes que emigrar a un pais pouco acolledor cos de fora, e traballar e vivir legalmente en España durante 5 anos antes de iniciar os trámites.
Fraga dicía burradas, pero vaia, estaba vello...E este?

Anónimo disse...

¡Bárbaro este post! O que non entendo e o siguiente: ¿teñen mais dereito a nacionalidade española os magrebíes que os netos dos galegos? ¿ti daslles cousas tuas aos magrebíes ou teño que seguir a mantelos eu? Si teño que manter a alguén prefiro facélo cos sudamericanos ¿viste?. Claro que non me extraña, fálase muito de progresía, pero a realidade...
Penso que un magrebí nunca me fará competencia por eso aceptoo, pero un arxentino, un uruguaio, un brasileiro...