Número total de visualizações de página

terça-feira, novembro 07, 2006

Atopando a posición (no campo)


O primeiro golpe, que non esperaba, tumboume. Conseguín chegar ao meu recuncho arrastrándome e varrendo para a casa as pezas do puzzle que me artella. Era preciso, no penoso traslado, non perder nada fundamental. E cheguei e deixeime masaxear polo meu adestrador ao mesmo tempo que memorizaba un par de consignas. Era fácil, cuestión de atopar a posición adecuada cos pés firmemente asentados no chan. Inamobíbel. Nin un paso atrás. A partir de agora, se alguén as ten que levar, vounas repartir eu.

3 comentários:

torredebabel disse...

avise, se pode. Para estar prevenidos e quitarme do medio...

Isabela disse...

Estou contigo. Tens a minha força, seja o que for. Um beijo.

SurOeste disse...

mOITAS GRAZAS, queridas e admiradas estrelas blogosféricas. Encantariame compartir agora con vós o rooibos que estou preparando.
E non vos preocupedes, de verdade, onte iniciei unha dieta hipercalórica que me vai converter nunha mole inexpugnábel.
A nosa profesión, fóra da blogosfera e do mundo perfeito, é ben dura, abofé!