Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, novembro 06, 2006

Inhibición


Hoxe teño un día deses de meterme na cuncha e deixar que pase o mundo sen que me incordie.
Quero pensar que a hostilidade que me magoa vai esvarando polas rugosidades calcáreas que se me foron pegando vida adiante, sen ser quen de atopar unha soa fenda pola que acceder ao meu interior nacarado, ao suave e iridiscente leito onde me acollo.
Eu non son máis ca unha carniña fráxil que ás veces se asoma entre a regaña sorrinte das dúas valvas e vexo moi mala hostia por aí fóra. Vou pechar a cuncha, flup!

2 comentários:

Isabela Figueiredo disse...

Então, minha querida, quero que fiques recomposta, doce e bonita como sempre!

torredebabel disse...

non peches de todo esa cuncha que eu quero seguir botando unha ollada, de cando en vez, a ese interior sensible e fraxil.