Número total de visualizações de páginas

terça-feira, outubro 17, 2006

A metáfora total


Soñeino ou foi certo? Eu habitei esta casa, ou unha coma ela, aínda nena de teta. A miña habitación, a nosa, era a máis quentiña porque a besta durmía debaixo. A calor que desprendía a besta axudou a criarme coma o leite da miña nai. No sobrado enorme a familia compartía intimidades, cada un no seu currunchiño e eu no mellor dos aconchegos.
Unha tarde a miña nai veu un coche veloz atravesando a chousa e chamou aos nenos da casa entusiasmada. Eran dúas bestas correndo. Só dúas bestas brincando no campeiro de su a casa.

6 comentários:

Isabela Figueiredo disse...

Que bonito! Sonhaste ou foi verdade, afinal?

SurOeste disse...

Foi verdade e soñeino, Isabela.

Torreira disse...

Fermosa casa si señor...

torredebabel disse...

o mellor dos soños é que son realidade se queremos. E o mesmo pasa coa realidade. Fermoso soño-real! coma sempre...

candorca disse...

O soño é unha realidade coma unha casa! Ou debería selo.

Moralla disse...

Hai tempo que non sei de ti! andas polo suroeste ou polo nordeste?? unha aperta dende o noroeste!
Yoli